Section outline

  • Este curso, “Comunicar en igualdade a través das TIC”, require unha parte de traballo individual a través da plataforma virtual do CFR. Este traballo componse das dúas tarefas que tedes descritas abaixo.

    Ambas son obrigatorias para superar o curso.

    1. Deseño dunha actividade educativa que traballe a igualdade de xénero e que estea baseada nos principios da Educomunicación (que inclúa unha ou varias das ferramentas de comunicación amosadas ao longo do curso)
    2. Lecturas e comentarios: no Foro de Aula, hai 2 fíos de conversa. O traballo consiste en ler o texto e ver o vídeo. Despois, de xeito individual, tedes que publicar a vosa opinión, ben sexa como comentario individual ou como resposta ao comentario doutra persoa. Só se valorarán as achegas relevantes e con contido significativo (é dicir, aínda que podedes interactuar libremente, só valoraremos como traballo as intervencións que sexan algo máis que “moi ben”, “estou de acordo”, “gustoume”, etc.)

    Se tedes calquera dúbida, podédesnos contactar directamente cunha mensaxe privada. Se credes que a vosa dúbida pode ser compartida por outras persoas do grupo, podédela compartir tamén no Foro “Dúbidas e consultas xerais”.

    A data límite para a realización deste traballo online é o xoves 16 de xaneiro de 2019, ás 23:55h