Deseño dunha actividade de aula
Deseño dunha actividade educativa na que traballedes a igualdade de xénero e que estea baseada nos principios da Educomunicación (ben sexa utilizando os recursos comunicativos como ferramentas de traballo mediante a creación de produtos audiovisuais ou multimedia, como soportes para exposición de contidos, para fomentar a reflexión en grupo... )
-
Esta tarefa consiste en deseñar unha actividade educativa. Aínda que é un traballo individual, pode estar inspirada pola que fixestes na aula en grupo pequeno.
-
Para aproveitar ao máximo este traballo, recomendamos que sexa unha actividade axeitada ao voso contexto docente, é dicir, que poda realizarse no voso centro, neste curso ou nos vindeiros. Se chegades a implementar este deseño antes que remate este curso, agradeceremos unha avaliación da súa posta en práctica (isto non é obrigatorio)
-
Recordade que a práctica ten que estar enfocada a promover a igualdade de xénero e pode integrarse dentro do currículo xeral, dunha materia, como parte dunha actividade para unha data concreta (8M, 25N, etc.) ou doutro xeito que imaxinedes, pero ten que ser aplicable no voso contexto real de traballo (é dicir, valoraremos que as propostas que enviedes sexan “realistas”)
-
Nesta actividade ten que facerse uso da comunicación, ben sexa como recurso de traballo na aula, como ferramenta de aprendizaxe, como actividade final… Podedes inspirarvos nos diferentes exemplos que vimos ao longo das sesións presenciais.
-
A data límite para compartir esta práctica con nós é o 16 de xaneiro de 2020, ás 23:55h Nós precisamos uns días para avaliar a vosa práctica e enviarvos os nosos comentarios e achegas antes da súa entrega definitiva. Non é preciso agardar ata esa data, podedes ir entregando tarefas ou enviando dúbidas en calquera momento, xa que estamos aquí para acompañarvos no traballo a distancia. Aproveitade!
-
O día 23 de xaneiro do 2020 será a última sesión do curso e teredes que presentar esta práctica ao resto do grupo. Teredes uns 15 minutos así que preparádea e traede todos os materiais (presentación, fotos ou vídeos) que consideredes oportunos para ela.