2. Comunicar en Igualdade

2. Comunicar en Igualdade

by Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social -
Number of replies: 12

Neste fío propoñemos un breve vídeo sobre estereotipos, medios de comunicación e igualdade:

“Estereotipos que no nos representan”, de Yolanda Domínguez: https://www.youtube.com/watch?v=H1C-vG4yBMI

 

Unha vez remates o seu visionado:

  • Escolle unha idea que consideres especialmente relevante. Comparte esta idea nos comentarios deste fío, explicando por que a escolliches e que interese ten para a túa práctica docente.

  • Le as respostas do resto da clase e comenta, polo menos, unha destas respostas.

In reply to Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social

Re: 2. Comunicar en Igualdade

by María Mercedez Martínez Gómez -

En primer lugar destacar que me parece un vídeo moi interesante, e moi axeitado para usar na clase, xa que tan só en 17 minutos resume e explica perfectamente a importancia das imaxes e o seu poder.

Esta é a idea que máis me chamou a atención "o poder que teñen as imaxes". De como a través delas pódense facer invisibles certas realidades, ao non mostralas, de xeito que estas realidades estánse menospreciando e infravalorando.

E tamén como se fan visibles  outras realidades, entre elas moitos estereotipos sobre as mulleres e homes, que de tanto velos, chegamos a convencernos de que así é a nosa vida, a nosa sociedade. Neste caso paréceme que temos exemplos moi duros, como as imaxes das campañas publicitarias que normalizan o medo nas caras das mulleres, a falta de saúde, a desesperanza, a desprotección...

Destacar ademais, que no vídeo podemos ver que as nenas e os nenos non teñen estos estereotipos fixados, polo que é fundamental que os medios de comunicación, as campañas publicitarias, as grandes marcas... nos aposten por este tipo de imaxes. Que o seu obxectivo no sexa só o beneficio económico.

Como docentes é importante concienciar ao noso alumnado do que nos transmiten este tipo de imaxes, orientalos e educalos para que saiban analizalas e ser críticos con elas. Que o alumnado sexa capaz de pensar como deberían  ser esas imaxes, que as imaxes deben ser inclusivas e aportar divesidade, non excluir.

E como dí no vídeo que as imaxes son unha potente ferramenta de comunicación e polo tanto poden ser empregadas como unha ferramenta de cambio social.

 

 

 

In reply to María Mercedez Martínez Gómez

Re: 2. Comunicar en Igualdade

by Cristina López Gómez -

Moi dacordo contigo nas aplicacións didácticas que se poden dar a este vídeo, coido que é moi axeitado para poñer na aula. De feito eu xa o anotei!

In reply to Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social

Re: 2. Comunicar en Igualdade

by F2101051b_ NOELIA GABEIRAS ALONSO -

Estou totalmente dacordo coa idea que se pretende transmitir co discurso desta rapaza, algo tan común na actualidade que mesmo pensamos que iso "é o normal", e todo o que non entra nas ideas transmitidas polas imaxes dos medios de comunicación, son "raras" ou inaceptadas. O fin destas campañas é chegar ás persoas máis vulnerables para facerse un oco na sociedade, sen posibilidade de pensamento crítico sobre o que nos están a vender.

Dende a miña opinión, debería transmitirse poder formarse como un ser e dar unha imaxe sendo partícipe dunha sociedade, moi lonxe dos estereotipos formados e consolidados nas nosas vidas. Isto debería ensinarse dende a escola, e facer un seguemento cando menos durante as etapas de educación obrigatoria, para asegurar que o pensamento crítico sigue "en formación".

Se intentamos facer unha "barreira" e unha total negación cara as actuais campañas de publicidade existentes, quizáis sexamos capaces de considerar como normal que o home é alguén que fai cousas, e a muller é o ser que o acompaña. Algo  moi complicado, pero non imposible de facer, xa que os medios de comunicación soen acompañar estas ideas con frases moi motivadoras que fan que teñan  moita repercusión na sociedade.

É o caso dunha campaña publicitaria moi famosa na actualidade dun supermercado, onde nos di que "ser galego mola", pero tamén nos recorda que as "Carmiñas" son as que fan as filloas (típico papel da muller como ama de casa e que ten que cociñar ben), e que os "Tonchos" ou os "Lulos" son os que teñen que ir a traballar fóra da casa (fan mellor o pan por ser homes, ou van mariscar; non sei que pensarán as mariscadoras de Arousa ou as percebeiras da Costa da Morte). Algo moi típico, pero de novo con mensaxes que non son para nada o reflexo da sociedade actual, pero que se tenta transmitir e a idea está ahí. 

Por último, facer fincapé nunha frase que escoitei nunha ocasión onde me afirmaban que: "cando algo é gratis, quere dicir que a mercancía somos nós". As  imaxes que nos están a transmitir son gratis  cando as estamos a ver, pero si podemos decidir se as queremos aceptar ou rexeitar. Ahí está o noso traballo na sociedade, en borrar o considerado como "normal" e ser capaces de rexeitar o que se nos está a transmitir traballando sobre a "liberdade de expresión" real, non baixo ideas impostas. 

 

In reply to F2101051b_ NOELIA GABEIRAS ALONSO

Re: 2. Comunicar en Igualdade

by María Mercedez Martínez Gómez -

Moi de acordo contigo en que dende a escola é fundamental o desenvolvemento dun pensamento crítico.Esto é a base para crear unha sociedade que pense e que analice toda a información, tanto escrita como visual, que lles chega, e que hoxe en día é inmensa. 

No que non estou tan de acordo é no que dís sobre as campañas publicitarias "O fin destas campañas é chegar ás persoas máis vulnerables para facerse un oco na sociedade", xa que penso que o fin destas campañas é chegar ao maior número de persoas posibles para vender os seus podutos,sen importarlles a imaxe do que transmiten. Este é o problema que este tipo de campañas chegan a un gran número de persoas, que nin se plantexan ou nin nos plnatexamos, en moitos casos o que transmiten. 

O problema que temos é que non estamos educados para analizar ou cuestionar as imaxes, parécennos tan inofensivas,e non o son. Por iso temos que educar ao noso alumnado para que as cuestione e as analice.

In reply to María Mercedez Martínez Gómez

Re: 2. Comunicar en Igualdade

by Marta Morán Martínez -

Estou de acordo contigo no que dis. Non estamos educados para facer crítica ás imaxes, simplemente porque estamos acostumados a velas como a normalidade. Realmente as marcas queren vender, pero a única forma que coñecen de dar valor ós seus productos é reforzando os estereotipos de xénero.

É unha labor supernecesaria para facer desaparecer os estereotipos de xénero no tempo, cos rapaces sexan capaces de evaluar os estereotipos transmitidos a través dos medios de comunicación e que sexan capaces de analizar a onde nos levan e se é a realidade que viven.

In reply to F2101051b_ NOELIA GABEIRAS ALONSO

Re: 2. Comunicar en Igualdade

by Cristina López Gómez -

Eu considero que frente a este tipo de publicidade vulnerables somos todos. Xeralmente a publicidade nos "ataca" cando vemos a tele, leemos unha revista na peluquería, imos conducindo... É dicir cando a nosa defensa crítica esta baixada, temos o cerebro "desconectado" ou realmente estamos pensando noutra cousa. As imaxes penetran e quedan ahí como quen non quere a cousa pero en realidade nos están creando a imaxe dun mundo que aceptamos como normal, se ben cando nos conectamos de novo sabemos perfectamente que non o é. Coido que esto é o verdadeiramente poderoso da publlicidade, que nos afecta a todos máis do que podemos pensar.

In reply to Cristina López Gómez

Re: 2. Comunicar en Igualdade

by Iván Fernández -

É moi certo o que comentas do letargo cerebral que as marcas aproveitan para colarnos esas imaxes irreais e totalmente idealizadas dunha realidade inexistente que axudamos a modelar por inconsciencia. E ainda máis certo que precisamos dunha sociedade cunha conciencia crítica sobre as imaxes, coma se propón tamén no vídeo, dende moi novos.

Porque outro colectivo moi sensible a este mundo de inexistente e sesagado son os máis pequenos, que descoñecen as ferramentas que nós os adultos podemos ter a sorte de posuír (ou non) para valorar estes contidos. Por eles pasan, e eles limítanse a reproducir, moitas veces sen crítica previa, por simple imitación ou presión do grupo.

E nós, a xuventude e os adultos, aínda que vivimos inmersos nesta sociedade de impacto fugaz e furtivo, creo que temos a sorte de estar máis concienciados, máis preparados e ter nas nosas mans moitas máis ferramentas que antes para cuestionar e rematar con estas mensaxes dañinas e excluentes, e concienciar á sociedade da esixencia desa co responsabilidade mediática na construción dunha sociedade que respecte as liberdades de todxs.

 

In reply to Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social

Re: 2. Comunicar en Igualdade

by Marta Morán Martínez -

Vendo o vídeo, é fantástico o seu análise, porque cando se desmenuza polo miudo o que día tras día trasmiten os medios de comunicación, e aínda por riba o damos como algo normalizado, fainos reflexionar do enganados que estamos, e o poder que exercen os medios de comunicación nas nosas vidas, dando por sentado o que "E normal e aceptado" e o que non o é. O traballo que fan estes medios, que dunha forma somera e sutil transmiten paradigmas estereotipados.

Tamén me parece importante reflexionar sobre a pouca sensibilización que no dia a dia amosamos frente a estes estereotipos, nos comportamos como anestesiados fronte a contidos estereotipados en razón de xénero, vemos a imaxes como si non as vésemos, salvo cando de repente despertamos porque nos piden ser máis críticos co que vemos e escoitamos.

Exercicio interesante para facer cos rapaces, análise publicitario dos medios de comunicación en razón de estereotipos.

In reply to Marta Morán Martínez

Re: 2. Comunicar en Igualdade

by María Miguélez García -

Si concordo contigo, en pensar que é moi axeitado para traballar na aula. A min xa se me ocurren ideas á hora de traballalo. Proporía recopilación de imaxes cargadas de estereotipos que aparecen na publicidade, na tv...Ademais incluso, tendo o vídeo como referente, poderíamos tratar outras problemáticas dos xovens como pode ser a aceptación do seu propio corpo, autoestima,etc

In reply to Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social

Re: 2. Comunicar en Igualdade

by María Miguélez García -

Interesante e moi apropiado para traballar nas aulas de secundaria. Permite profundizar en moitos temas.

Tratar de desterrar os estereotipos tan implantados no que sempre nos queren transmitir os diversos medios de comunicación. "Home forte con poder sempre moi exitoso frente a muller pasiva, ornamental e obxeto".

Rexeitar calquer tipo de violencia. Presente como di o vídeo en  moitos formatos publicitarios. As imaxes tratadas no vídeo son impactantes. Aínda así gústame máis cando trata o mesmo tema, no formato de mulleres da rúa adoptando esas poses que resultan pintorescas, ridículas e mesmo grotescas e por suposto nada realistas.

Acuño a idea de practicar a responsabilidade de expresión, a hora de transmitir a información desexada debe imperar o critero de ser responsables potenciando  o gusto por querernos e aceptarnos tal como somos.

In reply to Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social

Re: 2. Comunicar en Igualdade

by Cristina López Gómez -

Na miña opinión a idea máis relevante e que resume un pouco o contido de todo o vídeo será o concepto de "responsabilidade de expresión". Coido que os medios deben ser consciente do impacto que xera en todos nós as imaxes que empregan. Non solamente se debe tratar de vender un produto, senón de ser capaz de entender que a imaxe de éxito ou de felicidade que rodea a moitos anuncios publicitarios é inancanzable para moitos de nós e pode, incluso, facernos crer que é por culpa nosa, porque non nos esforzamos o suficente, ou non facemos suficiente dieta, ou non gastamos o suficiente en determinados produtos... 

Ó fío deste concepto me gustou moito a resposta que dá a todos aqueles que se amparan na súa libertade de expresión para facer un tipo de publicidade que fomenta ou se basea nos estereotipos, refírome a cando dí: "o exercicio da túa liberdade de expresión está fomentando a liberdade de quen ve as túas imaxes ou a está limitando", creo que esta frase debería ser un código ou norma a ter en conta a hora de crear contidos visuais. Podemos empregala no noso día a día xa que considero que é unha moi boa maneira de non caer, nin fomentar os estereotipos. 

Para rematar, me gustaría decir que este vídeo me parece moi axeitado para visionar na aula, tanto pola súa duración como pola maneira de explicar os contidos creo que ten unhas aplicacións didácticas extraordinarias.

In reply to Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social

Re: 2. Comunicar en Igualdade

by Iván Fernández -

Encantoume no vide o xeito de explicar, analizar e deconstruír dende unha perspectiva artística, moi crítica e ao mesmo tempo moi respectuosa coa súa ideoloxía inclusiva e fomentadora de liberdades, o poder real que os estereotipos creados pola voracidade económica dos medios teñen sobre as persoas.

Seguindo a súa simpleza de principios, ironiza con eles e llos devolve á sociedade para facela consciente do seu poder pero para ensinarlle as súas fraquezas.

E, xunto coa arte, para iso debemos estar tamén os mestres e o resto da sociedade, permanecendo alerta continuamente fronte a eles e servíndonos dos seus mesmos canles de difusión para minimizar o seu impacto mediático e denunciar a súa falta de ética.