1. Recursos

Recursos

Recursos
Licenza: Dominio público

Os recursos en Moodle permiten proporcionar contidos ao alumnado pero tamén ofrecer información visual sobre a metodoloxía de traballo nun curso. 

  • Contido de paquete IMS, Ficheiro, Libro, PáxinaURL,  permite proporcionar ao noso alumnado os contidos das Unidades Didácticas, así como información adicional para traballar as tarefas da unidade. 
  • Etiqueta para organizar os distintos tipos de recursos e actividades dentro do curso, de xeito que, visualmente, o alumnado entenda qué facer con cada recurso/actividade presente no curso.
  • Cartafol cando teñamos que proporcionar unha serie de arquivos relacionados cunha tarefa, podemos agrupalos nun cartafol.

No noso caso empregaremos habitualmente ficheiros para a presentación dos contidos, URL para enlaces a páxinas web e etiquetas e cartafoles para a organización dos recursos/actividades do noso curso.