Empregamos a natureza como escola de vida, porque moitos hábitos de vida actuáis favorecen problemas de saúde. O déficit de natureza está asociado a moitos trastornos de conduta.
Xuntando unha hora de EF coa ALC e o 2º recreo, dispoñemos dunha franxa horaria de 12:10´a 14:10´cun pouco máis de marxe ao mediodía se fose necesario. Deste xeito incidimos nos hábitos de vida saudable, axudando a espallar actividades na natureza para tod@s, (viaxar en bicicleta, escalada, ioga, surf e piragüismo) para que veñan content@s ao instituto e establezan fortes vínculos entre compañeir@s, ou sentido de pertenza a tribu.
Nas actividades na natureza atopo a fonte de enerxía renovable e vitalidade. Agora estou enganchada as ondas co paddel surf e bailo swing. Vivir na Coruña é un privilexio, sen a paixón polo mar, sen bailar, sen a terapia da poesía... sen adolescentes atolados, intensos e dispersos polos que loitar e construir mundos mellores entre tod@s, a vida tal e como eu a coñezo por agora, tería moi pouquiño sentido.