Programación do xoves 26 de abril

Este III Encontro de intercambio de experiencias educativas. Compartindo Boas prácticas pretende ofrecer a todo o profesorado unha nova oportunidade para mostrar as súas experiencias, recursos, materiais, metodoloxías, extratexias e iniciativas que favorezan a reflexión nun marco de colaboración para a innovación educativa.

Conferencia ininical

Innovando na aula de ciencias. Xacobo de Toro e José Viñas Diéguez

17:00 - 18:30



“Unha escola21 non é unha escola. Unha escola21 é a escola do Século XXI. A primeira ollada, pode parecer que esta definición non cambia nada. De feito, todas as escolas do presente deberían ser escolas do Século XXI. Con todo, a realidade é que non o son. Están no Século XXI pero non viven o Século XXI, non o experimentan, o seu reloxo institucional parouse. O mundo está cheo de escolas onde profesores e alumnos se comportan doutro xeito, onde as notas teñen outro sentido, os horarios cambian e as aulas e os corredores son o escenario de actuacións completamente novas. Son escolas que medran para lograr mellores resultados. Escolas que se transforman en escolas21."

Comunicación - en breve

Boa práctica - Comunicación

Recreo con códigos. CEIP Ponte dos Brozos, María Begoña Codesal Patiño.

18:30 - 19:00



Recreo con códigos é unha experiencia sobre a integración da programación nos contextos formais da aula e en contextos informais como o Club de Código. Este proxecto comenzou no curso 2013-2014 en 6 aulas do centro (“Codificación para nenas e nenos creativ@s” ) e desde aquela continua (“Gamificación e programación de videoxogos”, “ Realidade virtual & Storytelling” . Desde o curso 2015-2016 todo el alumnado do centro desde cuarto ata sexto de Primaria ten a posibilidade de aprender os fundamentos da codificación e enfrontarse aos desafíos propostos asistindo de forma voluntaria ao Club de Código.

Comunicación

Tempo para un descanso. Catering

19:00 - 19:30

Comunicacións

Mesas simultáneas de Educación infantil, Educación primaria, Educaión secundaria e bacharelato

19:30 - 21:00

Programación do 2 de maio