Prácticas innovadoras de natureza transversal: o plan lector e a escritura como eixe de transformación

A comunicación é unha constante vital no estudantado, de aí a necesidade de valorala e afortalala a través dos centros educativos; co obxectivo de fortalecer dita competencia formulamos unha serie de actividades de lectoescritura que integran diversas ferramentas e recursos que procuraron englobar ás linguas do centro. O conxunto de actividades desenvolvidas tencionou visibilizar fóra da aula os resultados do traballo para potenciar a innovación docente.
Algunhas das experiencias educativas levadas a cabo en grupos de 2.º e de 3.º de ESO foron: “Buzóns para pasar medo”, “Cartas á embaixada”, “Imaxes e relatos”, “Debuxando poesía”, “Hashtagueando”.
Os resultados poñen de relevo as melloras do alumnado a nivel académico e persoal.

Materiais

Alfredo Blanco Martínez

IES Agra do Orzán

Profesor de Lingua castelá e Literatura
Doctor en Equidade e Innovación en educación
Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=3547270 

María Vilariño Suárez

IES Agra do Orzán

Docente de Lingua galega e Literatura no IES Agra do Orzán (A Coruña)
Formación:
Licenciada en Filoloxía Hispánica
Licenciada en Filoloxía Galega
Máster en Edición
Diploma de Estudos Avanzados en Estudos lingüistico-literarios do galego e do portugués
Publicacións:
-Proxecto didáctico do Consorcio Editorial Galego / Baía Edicións para a materia de Lingua galega e Literatura (de 1.º a 4.º de ESO) formando parte do equipo de traballo xunto con Xoán López Viñas e Cilha Lourenço Módia (2015-2016).
-Artigo "Unha aproximación á lectura de Usha e Volvo! O regreso de Usha", en colaboración con Xoán López Viñas, Ed. Xerais (no prelo).
-Artigo: Referências históricas na obra narrativa de Manuel Lugrís Freire, en Lusofonía tempo de reciprocidades: Actas/ IX Congresso Associação Internacional de Lusitanistas, Afrontamento, Porto, 2011.
-Artigo: ¿Manuel Lugrís Freire (1863-1940), xornalista¿, (con Luís Alonso Girgado), no Boletín da Real Academia Galega, agosto 2007.
-Galicia (A Habana 1904-1905), ed. Facsímile, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2008.
-Yunque, ed. Facsímile (con Luís Alonso Girgado e Marisa Moreda Leirado), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2007.
-Galicia, revista semanal ilustrada (A Habana 1902-1903), ed. Facsímile, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2007.