Reflexións e discusións sobre as necesidades primarias no marco do Proxecto Europeo Erasmus+ Interpretando as prácticas centradas nos nenos e nenas para apoiar a calidade e a diversidade na educación infantil e nos coidados

Nesta intervención poñeranse en común algúns dos aspectos desenvolvidos no marco do Proxecto Europeo Erasmus + “ Interpreting Child- Centredness to Support Quality and Diversity in Early Childhood Education and Care" [Interpretando as prácticas centradas nos nenos e nenas para apoiar a calidade e a diversidade na Educación Infantil e nos coidados] en relación ás necesidades primarias no primeiro ciclo da Educación Infantil na Escola Infantil Municipal A Caracola, máis concretamente ao redor da comida. Igualmente compartiranse, máis aló do Proxecto Europeo, algunhas das iniciativas levadas a cabo desde esta Escola Infantil en relación aos ecocomedores escolares.

Materiais

Concepción Sánchez Blanco

Universidade de A Coruña

Profesora Titular na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de A Coruña

Beatriz Ferreira Varela

EIM A Caracola

irectora da Escola Infantil Municipal A Caracola na cidade de A Coruña