Vídeo leccións interactivas de xeoloxía que serven como recurso de aula ou para facer aula invertida e gamificación. Os vídeos seguen o curriculum de 4º da ESO, cunha linguaxe doada de seguir e cun rico acompañamento visual feito a través de técnicas de vídeo con croma.

Doutorado pola UDC. Especializado en e-learning no ensino das ciencias.
Xefe do dpto de bioloxía e xeoloxía no IES Urbano Lugrís de Malpica.
Fai vídeo producións para o seu canal de ciencias en YouTube e unidades interactivas dixitais. Formador de docentes en TIC e vídeo educativo. Finalista nos premios Educa Abanca mejor docente de España. Coautor de XeoClip.

Profesora de bioloxía e xeoloxía no IES Fernando Wirtz. Coautora de XeoClip.