Proposta para a integración das competencias clave no currículo
Section outline
-
Curso desenvolvido pola rede de formación para o itinerario formativo proposto pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (liña a) da convocatoria de PFPPs 2014/2015)
-
Actividades correspondentes á primeira sesión.-Actividade 1.1.Proposta.-Elaborar táboas para o resto das competencias clave, conforme ao exemplo do recurso 1.3 traballado na sesión. Tomaremos como punto de partida as definicións de CC que aparecen nas recomendacións europeas (Recurso 1.2).Suxestións para plantexar o traballo.-Repartir as CC en grupos de dúas ou tres persoas e analizar con detalle a competencia asignada, clasificando os elementos da definición en coñecementos, destrezas e actitudes. Discutir os resultados en gran grupo.Se o total de participantes do voso centro no itinerario é pequeno (4 ou 5 membros), pensade que é preferible estudar unha ou dúas CC con detalle que tratar de cubrir todas sen adicarlles o tempo necesario. Neste caso, suxerímos que traballedes algunha competencia menos disciplinar, como a CAA.Ao final do proceso, teredes un documento cunha visión das CC útil, aplicable á aula e específica do voso centro. Este traballo vos será moi útil no futuro, xa que coñecer en profundidade as CC é un paso imprescindible para integralas nas situacións de aprendizaxe.
-
Actividades correspondentes á primeira sesión.-Actividade 1.2.Proposta.-Para todas as áreas ou materias, analizar os estándares de aprendizaxe avaliables, indicando en qué avaliación os traballades na actualidade, e qué instrumento de avaliación empregades para cada un deles. Seguir o modelo do exemplo traballado na sesión (recurso 1,4). Na guía LOMCE que podedes atopar na documentación xeral do curso, aparecen os estándares en formato editable, así que podedes crear as táboas de estándares con sinxeleza.Suxestións para plantexar o traballo.-Repartir as áreas en grupos de dúas ou tres persoas e analizar a vosa práctica habitual. Discutir os resultados en gran grupo.Se o total de participantes do voso centro no itinerario é pequeno (4 ou 5 membros), podedes traballar un número menor de áreas, segundo as vosas posibilidades.Ao final do proceso, teredes unha análise da vosa práctica docente en relación cos estándares de aprendizaxe, que vos proporcionará información sobre o punto do que partides.
-
Actividades correspondentes á segunda sesión.-Actividade 2.1.Proposta.-Rubricar estándares de perfís de área. Ver Exemplo actividade 2.1Suxestións para plantexar o traballo.-Seleccionar distintos estándares de diversas áreas e rubricalos. Sería interesante empezar con estándares para os que temos propostas de aula xa postas en práctica.Traballar en grupos de dúas ou tres personas e discutir as rúbricas resultantes en gran grupo.
-
Actividades correspondentes á segunda sesión.-Actividade 2.2.Proposta.-Elaborar perfís competenciais. Ver Exemplo Actividade 2.2Suxestións para plantexar o traballo.-
- Seleccionar a competencia para elaborar o seu perfil. (Exemplo CAA)
- Seleccionar o nivel (Exemplo 5º primaria)
- Para cada área, seleccionar un conxunto de estándares nos que traballaremos e avaliaremos a competencia escollida e engadir estes estándares ao perfil competencial da devandita competencia.
-
Terceira sesión
-
Actividades correspondentes á terceira sesión.-Actividade 3.1.Proposta.-Propoñer tarefas e deseñar a secuencia de actividades e os exercicios asociados.Suxestións para plantexar o traballo.En grupos, propoñer unha tarefa (orientada a conseguir un produto social relevante) para un nivel determinado e secuenciala en actividades, deseñando exercicios para cada actividade. A tarefa relaciónase con competencias, as actividades con estándares e os exercicios con contidos. O mais sinxelo e efectivo é analizar un proxercto que xa se traballa na actualidade na aula e adaptalo ao esquema proposto na Actividade 3.1
-
Actividades correspondentes á terceira sesión.-Actividade 3.2.Proposta.-Facer a concreción curricular da tarefa plantexada na Actividade 3.1, segundo o exemplo do Recurso 3.6Suxestións para plantexar o traballo.1.- Buscar a correlación das actividades deseñadas cos estándares correspondentes ao nivel no que se encadra a tarefa (Ex, 3º de primaria). Seleccionar estes estándares.2.- Analizar os contidos que se corresponden con cada estándar dos seleccionados anteriormente e deseñar exercicios para traballar estes contidos. (Poden non ter que ver directamente coa tarefa)