Section outline

  • Actividades correspondentes á primeira sesión.-

    Actividade 1.1.

    Proposta.-

    Elaborar táboas para o resto das competencias clave, conforme ao exemplo do recurso 1.3 traballado na sesión. Tomaremos como punto de partida as definicións de CC que aparecen nas recomendacións europeas (Recurso 1.2).

    Suxestións para plantexar o traballo.-

    Repartir as CC en grupos de dúas ou tres persoas e analizar con detalle a competencia asignada, clasificando os elementos da definición en coñecementos, destrezas e actitudes. Discutir os resultados en gran grupo.

    Se o total de participantes do voso centro no itinerario é pequeno (4 ou 5 membros), pensade que é preferible estudar unha ou dúas CC con detalle que tratar de cubrir todas sen adicarlles o tempo necesario. Neste caso, suxerímos que traballedes algunha competencia menos disciplinar, como a CAA.

    Ao final do proceso, teredes un documento cunha visión das CC útil, aplicable á aula e específica do voso centro. Este traballo vos será moi útil no futuro, xa que coñecer en profundidade as CC é un paso imprescindible para integralas nas situacións de aprendizaxe.