Section outline

  • Actividades correspondentes á primeira sesión.-

    Actividade 1.2.

    Proposta.-

    Para todas as áreas ou materias, analizar os estándares de aprendizaxe avaliables, indicando en qué avaliación os traballades na actualidade, e qué instrumento de avaliación empregades para cada un deles. Seguir o modelo do exemplo traballado na sesión (recurso 1,4). Na guía LOMCE que podedes atopar na documentación xeral do curso, aparecen os estándares en formato editable, así que podedes crear as táboas de estándares con sinxeleza.

    Suxestións para plantexar o traballo.-

    Repartir as áreas en grupos de dúas ou tres persoas e analizar a vosa práctica habitual. Discutir os resultados en gran grupo.

    Se o total de participantes do voso centro no itinerario é pequeno (4 ou 5 membros), podedes traballar un número menor de áreas, segundo as vosas posibilidades.

    Ao final do proceso, teredes unha análise da vosa práctica docente en relación cos estándares de aprendizaxe, que vos proporcionará información sobre o punto do que partides.