Os bloques
Os bloque podemos dicir que son pequenos caixóns, pequenas pezas de crebacabezas que podemos dispoñer na plantilla polos diferentes paneis.
Para poder manexalos debedes ir, na páxina de administración, ao apartado "Construcción da páxina" e premer na opción Bloques.

Como podedes ver na imaxe, estes bloques clasifícanse primeiro polo panel onde están colocados e segundo polo peso ou orde que se lles asigna.
De aí que atoparemos bloques agrupados en cada un dos paneis: Barra lateral esquerda, Barra lateral dereita, Contido, Cabeceira ou Pé.
Ao final da páxina amósanse os bloque non asignados (non activos) a un panel.

Para asignar un bloque a un panel só temos que seleccionar, no desplegable, o panel desexado. Os cambios aplicaranse unha vez gardemos.
Bloques personalizados
Son moi útiles os bloques personalizados para colocar "espazos" ou imaxes nos paneis da plantilla e así poder personalizar a presentación ou crear menús máis visuais.
Por exemplo, se queremos amosar logos de: Bibliotecas escolares, Erasmus+... necesitaremos da creación dun bloque personalizado.
A creación deste tipo de bloque é sinxela. Estando na páxina de administración dos bloques (lembrade que debemos ir, na páxina de administración, ao apartado "Construcción da páxina" e premer na opción Bloques) debemos seleccionar "Engadir un bloque". Isto daranos a opción de crear un bloque valeiro que debemos complatar nós como se dun post ou artigo se tratase, empregando o editor de textos.

Nota: debedes ter presente que este bloque estará nun panel, xeralmente lateral; polo que teredes que medirvos en canto ao ancho, tamaños de letra...