Completando os datos do centro:


Completando os datos do centro
Acción  Proceso
Logo e icona (favicon) No bloque de "Construción da páxina":
  1. Vai a Plantillas.
  2. Premer na lapela "Configurar"
  3. Dirixirse á plantilla que desexe modificar.
  4. Configurar a visibilidade de datos e modificar o logo e a icona.


Datos do centro No bloque de "Configuración da páxina":
  1. Dirixirse ao Módulo "Información de páxina".
  2. Modificar os datos segundo se necesite.

No bloque de "Configuración da páxina":

  1. Dirixirse ao Módulo "Webform Settings".
  2. Comprobar se os datos son correctos e modificar os que precise.



Algunhas configuracións interesantes para evitar problemas na páxina:



Mellorar experiencia de usuario
Acción Proceso
Configurar o tempo de peche de sesión No bloque "Configuración de páxina":
  1. Dirixirse ao Módulo Auto Logout.
  2. Establecer o valor para "Timeout value in seconds" cun número de segundos.


 Configurar o tipo de entrada de texto predeterminado    No bloque "Configuración de páxina":
  1. Dirixirse ao Módulo Formatos de entrada.
  2. Seleccionar "Full HTML". Que permitirá a entrada de texto enriquecido con atributos.
Establecer o formato de hora e fuso horario No bloque "Configuración de páxina":
  1. Dirixirse ao Módulo Data e hora.
  2. Establecer o fuso horario predeterminado.
  3. Establecer o primeiro día da semana axeitado.
  4. Establecer os formatos de data.


Establecer o tamaño máximo de subida para as imaxes No bloque "Configuración de páxina":
  1. Dirixirse ao Módulo Images.
  2. Modificar o límite máximo de subidda de imaxes.


 Establecer o tipo de arquivos de audio permitidos    No bloque "Configuración de páxina":
  1. Dirixirse ao Módulo audio.
  2. Establecer as extensións de arquivo permitidas, por exemplo: mp3 wav ogg flac
Establecer os tipos e os límites de subida de arquivos e cota de usuario No bloque "Configuración de páxina":
  1. Dirixirse ao Módulo Subidas de Arquivos.
  2. Establecer os formatos permitidos. Por exemplo: jpg jpeg gif png txt doc xls pdf ppt pps odt ods odp flv swf ogg mp3 flac wav svg mp4 mpg ogv
  3. Establecer o valor máximo de subida por arquivo, por exemplo 800MB.
  4. Establecer o valor máximo de cota de disco para o usuario.


 Seleccionar as ferramentas que estarán dispoñibles no editor de textos    No bloque "Configuración de páxina":
  1. Dirixirse ao Módulo Perfís Wysiwyg.
  2. Seleccionar as ferramentas que estarán dispoñibles. Ver imaxe de exemplo:


Seleccion de ferramentas do editor de texto



Última modificación: martes, 14 de febreiro de 2023, 2:16 PM