Co fin de seleccionar a imaxe de base da web do centro, é necesario seleccionar unha plantilla das xa incluídas por AMTEGA no Drupal proporcionado pola Consellería de Educación.

Estas plantillas son "pechadas" polo que, por motivos de seguridade, non se nos permite a importación doutras ou a modificación das existentes máis aló das configuracións básicas.

Seleccionar unha plantilla supón que se fará unha distribución de paneis e cores de xeito automático sen que teñamos que programar nada.

Para seleccionar unha plantilla é necesario ir á páxina de "Administración" e premer na opción "Plantillas".

Administración de temas

Nesa listaxe aparece unha "Captura da pantalla" (supostamente) que nos permite lembrar o xeito de visulización desa plantilla e unha descripción. Pódense activar as plantillas que se queiran premento na casilla de verificación cadrada e seleccionar a que se vai a ver/empregar premento na opción "Por defecto".


Última modificación: martes, 17 de xaneiro de 2023, 10:27 AM