Con agallas
Section outline
-
Disección dun peixe
Imos a estudar a anatomía dun peixe, para isto necesitamos:- Ir á peixaría, mercar un peixe avisando a/o peixeira/o de que non o limpe- Unha bandexa máis grande que o peixe- Tesoiras, pinzas, luvas- Caderno para anotar o que vexas e facer debuxos.- Cámara de fotos.Anatomía externa:- Observa a forma do corpo e a estrutura da pel.
- A posición, o número e a forma das aletas.
- Os órganos dos sentidos.
Anatomía interna:- Observa as bránqueas baixo os opérculos.
- Fai un corte coa tesoira dende o ano ata a cabeza, sube cara arriba cortando o groso paquete muscular. Fai outro corte vertical dende o ano ata a zona media, quítalle o lombo (un filetiño de peixe)
- Observa os músculos e o esqueleto (espiñas)
- Observa o corazón, o fígado, o esófago, o estómago, o intestino e a vexiga natatoria.


Pódese aproveitar para diseccionar o ollo do peixe e observar o cristalino
Tamén se podería recoller sangue para observar os glóbulos vermellos.