Section outline

  • Os contidos conceptuais, procedementais e actitudinais da área de CCNN serán traballados tamén no laboratorio arredor da realización de tarefas integradas que faciliten a contextualización de aprendizaxes, proxectos, pequenas investigacións no medio, actividades de experimentación, resolución de problemas concretos, onde o alumnado avance no desempeño das competencias clave ao longo da etapa, elixindo en cada caso a metodoloxía axeitada en función das necesidades. Os rapaces descubrirán, por si mesmos ou en colaboración con outros os principios científicos básicos nun contexto significativo.
     
    Actividade 1: As partes do microscopio
    laboratorio
     
    Actividade 2: Observar unha macrocélula
     
    Actividade 3: Observación das células epiteliais da boca
     
    Actividade 4: Observación de células vexetais
     
    Actividade 5: Quen vive nunha gota de auga
     
    Actividade 6: Observación de artrópodos
     
    Actividade 7: Disección dun peixe
     
    Actividade 8: Observación dos órganos do aparato respiratorio e do circulatorio.
     
    Fontes consultadas:

  • As Partes principais do microscopio son:

    http://www.areaciencias.com/partes-microscopio.htm

    - Ocular: onde achegas os ollos para ver.
    - Platina: é esa especie de pequeno prato, onde se coloca o portaobxecto, onde está o que queres observar.
    - Condensador: Lente que concentra os raios luminosos que inciden sobre a preparación. O condensador da parte inferior chámase Foco e dirixe os raios luminosos cara o condensador para ter mellor nitidez.
    - Obxectivo: Lente situada cerca da preparación. Segundo o modelo de microscopio pode ter un revolver, con distintos valores de aumentos para seleccionar.
    - Pinzas de suxección: Suxeitan a preparación.
    - Parafusos de enfoque: Macrométrico que aproxima o enfoque e micrométrico que consigue o enfoque correcto.
    Cantas partes recoñeces?
    Compróbao completando a ficha Partes dun Microscopio.
  • Como se usa o Microscopio?

    1- O primeiro é preparar o que queremos mirar a través do microscopio. A isto chámaselle montar a preparación.
     
    2- Para montar a preparación debemos colocar o que queremos ver encima dun cristal (portaobxecto) e por enriba outro cristal (cubreobxecto).
     

    microscopio

    a) Acendemos a luz do microscopio e comprobamos que vemos a luz a través do ocular.
     
    b) Colocamos a preparación sobre a platina e movemos o revólver para por sobre ela o obxectivo de menor aumento.
     
    c) Enfocamos a mostra:
     
    Xiramos o parafuso macrométrico ata que o obxectivo estea o máis preto posible da preparación.
     
    - Mirando polo ocular, xiramos o parafuso para ir separando o obxectivo da preparación ata ver unha imaxe o máis enfocada posible.
     
    - Movemos o parafuso micrométrico para conseguir unha imaxe máis enfocada.
     
    Podemos observar a mostra con máis aumentos, cambiando o obxectivo (mediante o revólver) e axustando o enfoque co parafuso micrométrico.
  • OBSERVACIÓN DUN ÓVULO OU GAMETO FEMININO

    Observación dunha macrocélula
    MATERIAL:
    observación gameto feminino
    1.- Ovos de diferentes aves.
    2.- Recipientes (placa de petri)
    3.- Unha lupa
    PROCEDEMENTO:
    1. Rompemos a casca e separamos, con coidado, a xema da clara.
    2. A xema é a célula: observa a forma, o tamaño, a súa consistencia e Identifica as tres partes principais.
    3. Presionamos un pouco a xema (célula) e observa a membrana.
    4. Localiza o núcleo a través da membrana celular, observando coa lupa un punto branquecino localizado no citoplasma.
    5. Identificamos o citoplasma observando todo o que está no interior da membrana.
    PARA SABER MÁIS
    A xema é a célula sexual feminina ou gameto feminino das aves. A casca protexe a célula e a clara contén substancias nutritivas de reserva, para o desenvolvemento do embrión trala fecundación.
  • Observación e preparación das células epiteliais da mucosa bucal


    MATERIAIS:
    - Microscopio óptico
    - Portaobxectos e cubreobxectos.

    - Culleriña, bastonciño de algodón
    - Colorante azul de metileno
    - Placa de petri
    PROCEDEMENTO:

    cubre e porta obxectos tecido epitelial

    1- Limpa con alcohol o portaobxectos e a culleriña.
    2- Raspa suavemente o interior da meixela coa culler ou co bastonciño. Deposita a mostra extraído no centro do portaobxectos.
    3 - Fai un frotis extendendo a mostra coa axuda doutro porta.
    4.- Engade unha gota de colorante. Absorbe con papel secante o exceso de auga
    5.- Cobre co cobreobxectos, que non queden burbullas!
    6.- Observa ao microscopio

    TRALA OBSERVACIÓN:
    Debuxa as estruturas que observas.
    Que partes se distinguen con claridade?
    As Formas observadas forman un tecido, cal é?
    NOTA: Nesta experiencia é moi importante a hixiene, a desinfección e que non compartades o instrumental entre vós. Hai que lavalo e desinfectalo ben con alcohol.

  • Observación das células da epiderme da cebola

    MATERIAIS
    tecido epitelial cebola
    - Microscopio
    - -Portaobxectos e cobreobxectos
    - Cúter
    - Pinzas
    - Bulbos de cebola

    PROCEDEMENTO
    1.- Separar unha capa da cebola e cortar, baixo a supervisión do mestre, unha laminiña fina pola cara cóncava, separala cunhas pinzas.
    2.- Colocala ven extenda no portaobxectos
    3- Engadir unha gota de auga
    4- Bota gota de colorante e por o cobreobxectos.
    5- Secar o exceso de auga con papel de cociña.
    6- Observa ao microscopio

    Cal dos seguintes debuxos representa mellor o observado?

    Que partes da célula se observan?

  • Quen vive nunha gota de auga

     

    OBXECTIVOS:
    protoctistas observables
    Manexo do microscopio
    Coñecer a biodiversidade
    MATERIAIS

    • Microscopio
    • Portaobxectos e Cubreobxetcos
    • Contagotas
    • Auga estancada con restos de follas, terra, poliñas de árbores.
    • Colorante
    Método e Observación
    Coloca unha pinga de auga sobre un portaobxectos e cóbrea cun cobreobxectos, tendo coidado de que non se formen burbullas de aire.
    Obsérvaa ao microscopio, primeiro co obxectivo de menor aumento e unha vez localizado algún microorganismo utilízanse outros obxectivos de maior aumento para velo con detalle.
    ACTIVIDADES
    Aprender a manexar o microscopio:
    1. Move amodo a panca que abre e pecha o diafragma, que sucede?
    2. Move a panca do condensador lentamente e describe non teu caderno ou que observas
    3. Calcula os aumentos aos que estás a observar a mostra
    4. Realiza unha tinción engadindo a mostra unha pinga de Vermello neutro
    5. Identifica algún ser vivo.
    6. A que reino pertence?

  • Práctica observación de artrópodos

    Material necesario:
    1. Pequenos artrópodos: moscas, arañas, abellas
    2. Lupa binocular
    Obxectivo da práctica:
    Observar as partes do corpo dos artrópodos
     
    OS INSECTOS: moscas, abellas, avespas, formigas, saltóns, grilos, pulgas, piollos...
     
    Os Insectos teñen o corpo dividido en cabeza tórax e abdome.
    Teñen 6 patas e algúns teñen ás.
    As patas son articuladas.
    Teñen ollos compostos e antenas
    partes insecto
     
    OS ARÁCNIDOS: arañas, escorpións, carrachas...
     
    Os Arácnidos teñen o corpo dividido en 2 partes: cefalotórax e abdome
    Teñen 8 patas e carecen de antenas pero teñen palpos
    As patas son articuladas.
    Teñen ollos simples
    aracnidos
  • Disección dun peixe

    Imos a estudar a anatomía dun peixe, para isto necesitamos:
    - Ir á peixaría, mercar un peixe avisando a/o peixeira/o de que non o limpe
    - Unha bandexa máis grande que o peixe
    - Tesoiras, pinzas, luvas
    - Caderno para anotar o que vexas e facer debuxos.
    - Cámara de fotos.
    Anatomía externa:
    • Observa a forma do corpo e a estrutura da pel.
    • A posición, o número e a forma das aletas.
    • Os órganos dos sentidos.
    Anatomía interna:
    1. Observa as bránqueas baixo os opérculos.
    2. Fai un corte coa tesoira dende o ano ata a cabeza, sube cara arriba cortando o groso paquete muscular. Fai outro corte vertical dende o ano ata a zona media, quítalle o lombo (un filetiño de peixe)
    3. Observa os músculos e o esqueleto (espiñas)
    4. Observa o corazón, o fígado, o esófago, o estómago, o intestino e a vexiga natatoria.
    bránqueas
    disección de peixe
    organos internos
     
    Pódese aproveitar para diseccionar o ollo do peixe e observar o cristalino
    disección ollo cristalino
    Tamén se podería recoller sangue para observar os glóbulos vermellos.
  • OBXECTIVO: Observación dos órganos do aparato respiratorio e do circulatorio dun cordeiro
    • Distinguir os órganos do aparato respiratorio: traquea, bronquios, bronquíolos, lóbulos dos pulmóns.
    • Disección do corazón e recoñecemento das súas partes: Anatomía externa e interna (cavidades, grosor das paredes), vasos sanguíneos
    MATERIAL NECESARIO:
    1. Cubeta de disección
    2. Tesoiras
    3. Cúter
    4. Luvas
    5. Palliñas
    APARATO RESPIRATORIO


    anatormia éxterna pulmons
    pulmons

    traquea


    encher pulmóns de aire
    1. Observa a traquea: a súa forma, aneis, cor, bifurcación dos bronquios. Introduce unha palliña pola traquea e sopra.
    2. Observa os bronquios ao cortalos: bifurcación dos bronquios
    3. Observa os pulmóns: a súa cor, textura, aspecto, son duros ou brandos. Conta os lóbulos de cada pulmón.
    4. Unha vez teñas observado estes órganos, separa o corazón dos pulmóns cortando as venas que os unen.
     
    A. OBSERVACIÓN DA ANATOMÍA EXTERNA DO CORAZÓN
    1. Deposita o corazón limpo de graxa sobre a cubeta de disección.
    2. Observa a membrana que envolve ao corazón, é o pericardio.
    3. Orienta o corazón: a cara dorsal é a máis plana e ten un suco case perpendicular; a cara ventral é puntiaguda e convexa e ten o suco oblicuo.
    4. Observa o seu tamaño, a súa forma e recoñece as aurículas e os ventrículos.
    5. Identifica arterias e veas axudándote dunha palliña. As arterias permanecen abertas e as veas aparecen máis aplanadas


    corazónz


    observación
    pesar

    disección
    B. DISECCIÓN DO CORAZÓN: OBSERVACIÓN DA ANATOMÍA INTERNA
    1. Coloca o corazón na cubeta de disección, sobre a cara dorsal (posterior).
    2. Cortamos iniciando o corte pola arteria pulmonar, por riba do suco anterior, abrindo o ventrículo dereito.
    3. Introduce a palliña por unha das veas pulmonares ata a aurícula esquerda.
    4. Corta agora dende a aorta por debaixo do suco anterior, abrindo o ventrículo esquerdo. Observa as válvulas.
     
    TRALA DISECCIÓN, Contesta ás preguntas no teu caderno:
    1. Cantos lóbulos ten cada pulmón?
    2. Por que o pulmóns esquerdo é máis pequeno ca o dereito?
    3. Como son os aneis que forman a traquea e cal é a súa función?
    4. As paredes dos ventrículos son musculosas, pero que ventrículo ten a parede máis grosa? ____________________________ Sabes por que?
    5. Estes son os órganos que observaches, clasifícaos segundo o aparato ao que pertenzan: larinxe, traquea, corazón, bronquios, arterias, veas.
    Falta algún? Engádeo
    Aparato Respiratorio Aparato circulatorio



    6. Fai debuxos do observado