Section outline

  • MUJER


    8 de MARZO: DÍA DA MULLER


    Esta semana, Charli quere convidarvos a celebrar o 8 de Marzo, coñecendo  a algunhas mulleres que fixeron historia loitando pola  defenda dos dereitos das mulleres.

    Como? XOGANDO! Coñecedes o famoso xogo Wordle?

    Trátase de adiviñar unha palabra de 5 letras nun máximo de 6 intentos. No caso de que as letras sexan erróneas aparecerán de cor gris, indicando que non están na palabra que buscamos. No caso de que sexan amarelas, significa que a letra está nalgún lado, pero noutra posición. Pola contra, se aparece en verde quere dicir que acertastes de pleno coa letra e coa posición.
    Como no xogo orixinal, só haberá un Wordle por día durante esta semana. Atrevédesvos a xogar? Estade atento todos os días, xa que ademais dun novo Wordle, aparecerá a solución do día anterior.