Durante este mes, tentaremos manter o noso patio de
recreo limpiño e sen lixo. Buscaremos maneiras para reducir, reciclar ou reutilizar os envoltorios das
vosas merendas. Ademais anotaremos todas as ideas que vaian xurdindo e botaremolas nun buzón que estará na biblioteca. Con todas elas, faremos un
"Decálogo de Recreos 0 Residuos " que nos axudará a manter ben
limpiño o noso patio.
Ademais dos libros que chegarán a cada aula, a continuación tedes varios recursos que seguro que nos axudan na encomenda deste mes.