Aspectos impontantes a ter en conta:
Antes de pensar en como gravar un podcast, debemos ter en conta os seguintes puntos:
1. Planificar
- Público: hai que ter en conta que vocabulario vas empregar, a linguaxe de quen vai a escoitar o teu podcast, sexa sinxelo ou complexo, informal ou formal.
- Tema: definir un tema e o formato por exemplo: debate, informativo, educativo, narrativo, entrevista, de opinión.
- Contido: é importante planificar o contido, por iso é importante levalo por escrito, para poder memorizar o texto (como na radio).
Este é un exemplo dun guión:
- Anuncio inicial coa data de publicación e o tema a tratar.
- Presentación das e dos locutores.
- Rápida introdución do tema para enganchar ao público.
- Falar sobre todos os puntos da lista.
- Preparación para o peche, e informar a conclusión do programa.
- Peche e despedida.
- Ilustración: como o podcast non é visible, precisas crear escenarios coa túa voz para que o público entenda a mensaxe que queres transmitir.
- A Voz e a personalidade: hai que traballar con elementos enfáticos, o ton da voz, as bromas, as frases e a xerga danlle un toque característico. Procura sempre manter a túa garganta hidratada bebendo bastante auga.
- Frecuencia: manter unha frecuencia axuda a manter á audiencia conectada, publicita os teus podcast.
2. Gravar
Para iniciar a gravación debemos estar nun ambiente cómodo e silencioso. É moi importante crear unha sala cunha boa acústica, xa que ademais de garantir un audio de excelente calidade, e minimizas ruídos.
Se vas usar un micrófono con auriculares, posiciónaos arriba ou debaixo da boca para minimizar soplidos e ruídos durante a gravación.
3. Editar
Se nunca editaches un arquivo de audio, esta pode ser unha etapa un pouco difícil. Antes de comezar, asegúrache de gardar unha copia de seguridade do arquivo de audio da gravación orixinal, para así evitar posibles problemas debido a algunha mala edición.
Esta é unha lista de sitios web que ofrecen músicas e efectos que poderías agregar ao teu proxecto:
https://archive.org/details/audio
http://freemusicarchive.org/
http://audionautix.com/
https://www.jamendo.com/search
http://incompetech.com/music/royalty-free/index.html
http://www.soundboard.com/
http://www.freesound.org/
4. Publicar.
Existen moitas plataformas para poder publicar o noso podcast, nós temos a sorte de poder contar con este arquivo na aula virtual, a través da moodle, pero tamén hai outras coma:
soundcloud Spotify Google Podcast

A continuación animámoste a usar o audicity para poder editar o teu podcast
Pero se o queres publicar en internet tes esta outra aplicación. Preme no botón