Click if page fails to load
Introdución
Adoitamos sobrevalorar o coñecemento que temos sobre o territorio galego. A familiaridade do cotián fainos crer que o dominamos. Sen embargo, a pouco que indaguemos comprobaremos que o noso coñecemento case sempre é moi parcial e redúcese aos espazos habituais de convivencia, o fogar, o lugar de traballo, os sitios onde ocupamos o tempo libre. Galicia é moito máis ca iso. Este curso ten como obxectivo descubrir esa enormidade dunha forma lúdica e divertida, que poida valer non só para o alumnado de terceiro ciclo de primaria, senón para calquera adulto ou adulta con interese na temática.