Boa noite:
As tarefas entregadas ata correspondentes ás semanas 1 e 2 de curso xa están corrixidas na aula virtual. Sigo sen poder acceder a algúns dos cursos creados por vós, porque a chave de acceso ou o enlace non funcionan. Por favor, seguide os seguintes pasos:
1. Desconectádevos da aula virtual e comprobade que podedes acceder como convidado cos datos que me enviades.
2. No caso de non conseguilo volvede a realizar os pasos como se indica no manual da semana 1.
3. Se tedes problemas escribide a dúbida detallada no foro de dúbidas engadindo algunha captura se é necesario.
O mércores 21 de outubro de 18:00 - 19:00 vou a propoñer unha videoconferencia opcional na que tratarei os seguintes temas:
1. Como crear un curso.
2. Como engadir unha chave de acceso a convidados
3. Engadir recursos e actividades
4. Como incrustar algún dos seguintes elementos en etiquetas (video youtube, liveworksheets, padlet...)
5. Explicación copia de seguranza.
Pídolle aos interesados que me comenten no foro Videoconferencia opcional mércores 21 a súa intención de asistir a dita videoconferencia. Nese mesmo foro podedes comentar temas que vos interese tratar. As invitacións á videoconferencia enviaranse o martes 20 pola tarde ás persoas anotadas no foro.
Saúdos,
Diego