Saltar navegación

O escudo

O escudo de Teo está formado por:

  • Trece vieiras: a vieira simboliza a proximidade con Compostela e co camiño e as lendas xacobeas. O número débese ás trece parroquias.

  • Sabres cruzados: simbolizan a Batalla de Cacheiras (1846), levantamento militar contra o goberno ditatorial de Madrid.

  • Unha ponte: pola ponte de Francos e a de Pontevea.