Saltar navegación

O CONCELLO: 3º CICLO

O concello de Teo constituíuse oficialmente o 13 de setembro de 1836.


Ata daquela denominábase Concello de Oza.


Quedou integrado por doce parroquias e a súa capital pasou por diferentes lugares do municipio:Chaves (Lucí), Campos (Teo), Igrexa (Luou) e Cacheiras ata localizarse na Ramallosa desde o ano 1925.

O Concello de Teo estaba formado orixinariamente polas parroquias de:Teo, Lampai, Luou, Calo, Recesende, Cacheiras, Oza, Lucí, Bamonde, Vilariño, Rarís e Reis.


Posteriormente foi creada a parroquia dos Tilos, no ano 1993.