1. Introducción

O magosto é unha festa tradicional celebrada en Galicia na que se asan e comen castañas, que poden ir acompañadas de chourizos e viño. A parte de comer, é común  tiznarse a cara cos restos da fogueira, saltar as fogueiras xa que trae sorte así como realizar diferentes xogos tradicionais, contar contos e cantar cancións populares.

 

A cultura galega estivo sempre estreitamente vinculada á castaña. Ademais de que os castiñeiros forman parte da paisaxe da comunidade, este froito foi decisivo na historia e a economía de Galicia. Foron os romanos quen introduciu a árbore no territorio e ata o descubrimento de América foi un produto fundamental na dieta dos galegos. Coa chegada das patacas, a castaña pasou a ser consumida polas clases menos favorecidas, pero recentemente a cociña  groumet deulle o seu lugar. A forma máis tradicional de preparalas é asadas.

Esta festa é especialmente celebrada na cidade de Ourense, onde coincide coa celebración do San Martiño (11 de novembro), patrón da cidade, e está considerado festa de interese turístico de Galicia.