O magosto
2. Orixe
A súa orixe
É unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada.Ten ingredientes dos rituais celtas: o lume, a
coincidencia
coa fin do verán, etc É unha festividade relacionada co culto
áfecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó sol,
deus fecundador da terra.
Na súa orixe, o magosto reunía ás familias contorna ao lume para honrar as colleitas. Co paso dos anos, os costumes foron adaptándose aos novos tempos, pero o lume sempre foi unha constante.
Ao cristianizarse, foi asociada aos santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, patrón da cidade das Burgas.