3. Escritores

O escritor e historiador galego Manuel Murguía consideraba o Magosto como un banquete funerario no que a castaña ao lume simbolizaría a morte e o viño, a nova vida. Ao redor desta idea, para celebrar o fin dunha nova colleita, xuntábanse veciños, familia e amigos.

 






Diferenciaba o historiador e antropólogo galego Antonio FraguasFraguas entre o Magosto a secas, que “non é máis que asar unhas castañas nunha fogueira”, e a festa do Magosto, que é moito máis. É o Magosto unha festa de colleitas, lume, castañas e viño novo. É festa de xuntarse e de divertirse, festa de vida e morte, de mocidade e de  tiznar a traizón ao de en fronte. O magosto celebra a vida despois de que en Todos os Santos e Fieis honrase á morte.