Section outline
-
Diferentes actividades para favorecer a construcción de oracións, partindo dos seus elementos básicos.
-
Material para traballar a construcción de frases tipo Suxeito-Verbo-Complemento con pictogramas, a partir da presentación de distintas láminas ilustradas. Para cada lámina hai que construir unha oración con suxeito, verbo e complemento.
-
Material para traballar as oracións coordinadas copulativas a partir de láminas e co apoio visual de pictogramas. Recomendado para Educación Infantil e alumnado neae.
-
-
Actividades para mellorar a conciencia fonolóxica. Preténdese que a través da conciencia fonémica o/a neno/a sexa quen de identificar as unidades máis pequenas das palabras.
Levan instruccións do desenvolvemento da actividade e suxestións para introducir variantes.
Axeitadas para Educación Infantil e alumnos/as de Primaria con dificultades de discriminación e/ou problemas de articulación dos fonemas tratados en cada unha das actividades.
-
A través da conciencia silábica preténdese que o neno/a sexa quen de entender que as palabras están formadas por sílabas e tomar conciencia de que a unión das sílabas da lugar á formación de palabras.
Neste bloque hai dous paquetes de actividades:
No 1º, "Empiezan igual", os nenos/as teñen que identificar palabras que comezan pola mesma sílaba. Teñen que identificar a sílaba inicial dunha palabra e recoñecer outras palabras que comezan pola mesma sílaba.
Levan instruccións de desenvolvemento das actividades. Permiten introducir variantes na execución.
Axeitadas para Educación Infantil, 1º de E Primaria e alumnos/as neae.
No 2º, "Contar sílabas", teñen que contar as sílabas que forman as palabras propostas mediante pictogramas ou imaxes.
Estas actividades están en formato .ppt. Para que a presentación responda e pase automáticamente dunha diapositiva a outra, temos que ir á pestana "Vista" e seleccinar no despregable a pestana "Vista de lectura".
-
Estas actividades teñen como obxectivo desenvolver a conciencia fonolóxica, de xeito que o alumnado adquira habilidades para segmentar, identificar e manipular os sons que compoñen as palabras.
-
Estas actividades están deseñadas para afianzar e mellorar a producción de determinados fonemas, precisamente os que máis problemas de adquisición presentan aos nenos/as. Hai que entendelas como como exercicios de repaso do traballo realizado en clase cos mestres de A L. Constan de dúas partes: a primeira ofrece lotofonéticos con imaxes de palabras que conteñen o fonema, nas distintas posicións; a segunda presenta imaxes para favorecer a producción de oracións.
A versión das actiividades que aparecen neste apartado é unha versión reducida das orixinais contidas en SoyVisual.
-
Aquí se presentan actividades relacionadas co vocabulario, ben para afianzar o vocabulario xa adquirido ou ben para introducir novas palabras no rexistro dos nenos/as.. Estas actividades favorecen o desenvolvemento dos niveis semántico e sintáctico da linguaxe. Preténdese que os nenos/as practiquen coas actividades propostas e respondan ás preguntas con oracións que teñen que construir.
Recomendadas para Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria e alumnado neae.
-
Material ilustrado con láminas e pictogramas para traballar vocabulario sobre a primavera e comprensión de preguntas ("que? donde?")
-
Actividade de expresión e comprensión oral relacionado coa alimentación. Traballa alimentos, bebidas e utensilios usados pa
-
Nesta actividade preséntanse unha gran variedade de utensilios para que o alumno/a respondas ás preguntas: "Que é?/Para que serve? e Que se utiliza?/Como se utiliza?"
-