Section outline

  • Estas actividades teñen como obxectivo desenvolver a conciencia fonolóxica, de xeito que o alumnado adquira habilidades para segmentar, identificar e manipular os sons que compoñen as palabras.

    • Onde leva...? Traballamos cos sinfóns en calquera posición

      Hai que identificar o número de sílabas que teñen as palabras presentadas e en que sílaba en concreto leva o sinfón que se está a traballar.

      Ao clicar na imaxe accédese ao material. Hai unha presentación (tipo Ppsx) por cada un dos sinfóns.

      Adecuada para o alumnado que está a mellorar a pronunciación dos sinfóns e para o de Educación Infantil.