Xincana de Nadal
Para rematar o primeiro trimestre, todo o alumnado participou nunha entretida xincana.
En grupos, foron de estación en estación, resolvendo problemas, puzzles, acertixos... e facendo distintas manualidades. Tras completar cada estación, obtiñan unha peza para completar o seu ticket.
Co seu ticket completo, acedían á sorpresa preparada polas titoras.
Foi unha xornada moi completa, na que todos e todas colaboraron para completar as distintas probas.