Festival do Día da Familia
O xoves 28 reunímonos no audiotorio municipal para celebrar o Día da Familia cun Festival.
Os presentadores do evento foron os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, que fixeron un traballo magnífico.
Na primeira actuación, os nenos e nenas de infantil cantaron e bailaron tres cancións: "O Rock da Primavera", "I Can Count", e "Golden".
A continuación, o alumnado de primeiro cantou a capela "Tongo" (canción tradicional polinesia), "Cs Cacharros", e "I Like the Flowers".
O alumnado de segundo e terceiro actuaron de forma conxunta, bailando "Vai de Roda en Roda" e "Tris-Tras".
Tras o baile, o alumnado de cuarto sorprendeunos coa obra teatral "O Xigante Don Gandulfo".
A seguir, os nenas e nenos de quinto puxéronnos a todos a bailar o "Limbo".
A derradeira actuación correspondeu a sexto, cunha actuación de percusión corporal ao ritmo the "The Final Countdown".
Tras unhas palabras da directora, Lupe, e do recoñecemento a directiva da ANPA, disfrutamos dunha merendola organizada pola ANPA e o noso equipo de cociña.
Clicando na seguinte imaxes, podedes ver algunhas imaxes do evento.

