Section outline
-
Os aparellos que nos fan doada a vida diaria mesmo poderían axudarnos a salvar o planeta. Lede e mirade o que lle pasou a ZIP.
Zip era unha aspiradora que non soportaba a idea de estar simplemente programada para aspirar. Cando á casa chegou a súa compañeira K-38, último modelo en aspira-doras robóticas, Zip quedou esquecida no faiado, logo guindada ao vertedeiro, xunto a outros moitos electrodomésticos. Todo mudará para Zip cando a recolla Sabela e a leve para a súa casa para convertela nunha aspironeta. Entón, comezará para Zip unha nova vida dedicándose a carrexar as nubes dun lugar a outro para compensar os efectos da choiva

-
Imos traballar a historia e a imaxe.
Podes ler o conto e e nterarte ben da súa historia ou podes simplemente ler a contraportada e inventar unha historia que lle puidera suceder a Zip.Fai un debuxo e escribe un pequeno texto contándonolo
Tamén podes deseñar ti outro cacharro que acompañe a Zip nas súas aventuras e axude a mellorar a vida no planeta. deixándoo libre do cambio climático e dos virus e pandemias.
Se che apetece podes ser ti o protagonista do conto e inventar ese cacharro que che vai ser tan útil na túa misión.
-