Section outline

  • RETO STEM. MES DO LIBRO

    Partimos da lectura dos Libros do mes recomendados para abril e maio:

    AQUILINO PINTA UNHA NUBE E UN CAMALEÓN E MINIMALADAS do tandem escritor-ilustrador Pinto& Chinto. 

    Imos construir un libro colaborativo e acumulativo (entre todos) cun "collage" personalizado  en catro pasos.

    Collage: 

    PASO 1: Eleximos unha imaxe dunha paisaxe de Asia. Imprimímola ou copiámola e coloreámola. Pode ocupar toda a folla ou só un cacho. 

    PASO 2: Observamos as nubes imaxinando unha forma que representen e debuxámola. Pegámola na composición da foto. 

    PASO 3: Imaxinamos o insecto ou bichiño que nós pintariamos nun cadro. Pintámolo e pegámolo tamén coa técnica que queiramos. 

    PASO 4: Escribimos nunha tira de papel a frase... "(o noso nome se queremos ou outro inventando) ...pinta un/unha...(escribimos o nome da forma que inventamos da nube)...  e un/unha... (o bichiño feito)."  Por exemplo se á nosa nube mirámoslle forma de reloxio e escollemos facer unha bolboreta teremos que escribir "Pilar pinta un reloxío e unha bolboreta". 

    Así irase compoñendo o texto acumulativo.

    O traballo xa está listo para entregar, pero se alguén quere pode engadir nunha folla distinta da do collage un pequeno texto contando catro cousiñas, reales ou inventadas do bicho elexido. É dicir que tanto podedes poñer datos científicos, coma inventar unha pequena historia co bichiño.