Webquest sobre as Lendas do Nadal
Tarefas
Nesta ocasión imos a ser os decoradores de Nadal dos corredores do cole. Para completar esta actividade formaremos grupos de catro membros que deberán realizar as seguintes tarefas:
- Realizar un gran cartaz para decorar as paredes dos corredores, formado por catro cartolinas unidas entre si. En cada unha das cartolinas plasmaredes unha lenda de Nadal.
- O traballo deberá incluír texto e imaxes, e será realizado integramente de forma manuscrita. Nesta tarefa non se permiten textos feitos a ordenador.
- Unha vez rematado o cartaz realizaremos unha actividade final que consistirá na decoración da nosa clase con elementos alegóricos ás lendas traballadas no aula.