Saltar la navegación

Proceso

  • A realización desta webquest será en grupo. Cada grupo estará formado por catro membros, e cada membro encargarase dunha lenda distinta.

    Noel
  • Primeiro leremos individualmente as catro lendas nas ligazóns que se facilitan máis abaixo. En segundo lugar, cada compoñente do grupo escollerá unha lenda e terá que elaborar un esquema cos datos que considere máis significativos. A información que reflictades neste esquema serviravos de axuda para realizar o cartaz.

  • A información sobre as lendas podédela obter nas seguintes ligazóns.

  • Para saber máis:

    Noel

  • Como deberedes incluír imaxes no traballo. Nas seguintes ligazóns atoparedes máis imaxes sobre o Nadal. Descargade nunha carpeta do PC todas as que queirades que non teñan cor. Só debedes imprimir as que ides a utilizar.
  • Unha vez que teñades todo o material necesario para realizar o cartaz nunha cartolina grande, iredes á aula de plástica e alí comporedes individualmente, con imaxes e texto redactado manuscritamente, a vosa obra que se complementará coa realizada polos outros membros do grupo. Cos catro cartaces formaredes unha composición tipo puzle.

    Noel
  • Segundo vaiades rematando os vosos traballos, irédelos expondo no corredor do 3º Ciclo.

  • Para finalizar, buscaredes imaxes de Nadal, relacionadas coas lendas traballadas nesta tarefa, e decorarédelas libremente. Con elas adornaremos e ambientaremos a nosa clase e os corredores do cole.