Saltar navegación

Definición

Portafolio, en termos xerais, refírese a unha recompilación de documentos que poden mostrar diferentes aspectos globais ou parciais dunha persoa (persoais, académicos, profesionais...) ou dunha organización (obxectivos, organigrama, produtos...) que estiveron seleccionados e organizados de forma reflexiva e deliberada e presentados en formato dixital (texto, imaxes, animacións, simulacións, audio e vídeo). Poderiamos dicir que é unha maneira de presentar unha identidade en forma dixital.

Vídeo presentación/motivacional concepto portafolio

 NABA. Como hacer tu portafolio. Licenza Youtube estandar (reutilización permitida)

Este sistema dixital ou en papel permítelles aos usuarios documentar competencias, eventos, plans ou produtos que son relevantes para eles, así como tamén deixar de manifesto a súa evolución ao longo do tempo elixido. Esta demostración seleccionada evidénciase mediante mostras documentais (cartas, artigos, fotos, traballos persoais, monografías, valoracións externas etc.) e rexistros de distinto tipo e soporte (textual, audio, vídeo etc.) que se presentan de maneira organizada e meditada a unha audiencia determinada (en relación ao que o levou a elixir as mostras entre outras moitas e o que lle achegou finalmente ao usuario). Este sistema está controlado polo usuario e permanece aberto ao longo do tempo, polo que permite revisións e actualizacións continuas e pódese enriquecer con retroalimentacións doutros usuarios cos que se pode compartir e tamén enlazar con diferentes informacións para ampliar (p. ex.: wikis), validar ou fiabilizar o traballo persoal ou organizativo.