Saltar navegación

Preguntas

Lenda da lagoa de AntelaImos pescudar sobre a Lagoa de Antela na actualide. Na nosa clase decidimos colaborar, pero para realizar esa tarefa primeiro témonos que informar de cal foi a súa orixe segundo a lenda. Teremos que resolver as seguintes tarefas para poder resolver a Caza do Tesouro:


Tarefa individual: Pescuda de información sobre a lenda da Lagoa de Antela



Para acadar o tesouro, primeiro deberedes responder individualmente a todas estas preguntas: 

(Non fai falta que copiedes as preguntas, xa que se facilita un guión, que deberedes cubrir, no apartado de recursos).   

  1. Que cidade bíblica ocupaba esta Lagoa na antigüidade?
  2. De que carecían os veciños?
  3. Quen quixo castigalos?
  4. Que propuxo Xesús?
  5. En que se transformou Xesús para baixar á Terra?
  6. Quen foi a única persoa que o escoitou?
  7. Que lle ofreceu a Xesús?
  8. Que lle pasou á cidade de Antioquía ao día seguinte?
  9. Cantas persoa se salvaron?
  10. Que se pode ver nas mananciñas de San Xoán?
  11. ... e na Noiteboa, ás doce da noite?


Tarefa en grupo: Elaboración dunha galería de imaxes sobre a Lagoa de Antela.



Crearemos un catafol compartido en Google Drive no cal iremos descargando as imaxes que relacioadas coa Lagoa de Antela. Para elo, por parellas, realizaredes a seguinte actividade:

    1. Visionade en grupo esta presentación sobre a Lagoa de Antela.
    2. Elaborar unha galería de imaxes compartida en Google Drive entre os membros do equipo. 


No apartado de Recursos atoparás as ligazóns e materiais necesarios para completar a Caza do Tesouro.