Caza do tesouro: Len da lagoa de Antela
Introdución
A Limia é unha comarca situada ao sur da provincia de Ourense que comprende as terras bañadas polo río Limia e os seus afluentes. A súa paisaxe é unha ampla chaira arrodeada de montañas non moi altas.
Neste enclave xeográfico atópase a Lagoa de Antela, que foi un dos espellos de auga máis importantes de Europa, logo desecado e hoxe está en proceso de recuperación. Foi o maior lago de auga doce da península, con 7 km de longo e 6 km de ancho.
Sobre a orixe esta lagoa hai unha lenda que conta que nela está anegada a cidade bíblica de Antioquía...
...imos a pescudar sobre esta lenda!!
...anímate a realizar esta Caza do Tesouro e descubrirás máis cousas sobre a Lagoa de Antela.
...ánimo e a pescudar!!!