Libro de contidos do tema "Montamos un horto escolar"
Section outline
Requisitos do completado
Ver
1. As plantas

Para poder montar o noso horto, primeiro, imos estudar as plantas para aprender como nacen, medran e se alimentan, descubrindo todas as súas partes e funcións.
As plantas son seres vivos que necesitan auga, aire, substancias da terra e luz do sol para vivir.
Equipo de creación deste curso. Partes dunha planta. CC BY-SA
Todas as plantas teñen: raíz, talo e follas.
Algunhas plantas tamén teñen: flores e froitos.
CONSTRUIMOS. Completar o esquema dunha planta segundo o modelo e as instrucións facilitadas.