Libro de contidos do tema "Montamos un horto escolar"

Sitio: CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro
Curso: Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria
Libro: Libro de contidos do tema "Montamos un horto escolar"
Impreso por: Usuario convidado
Data: venres, 21 de novembro de 2025, 9:38 AM

1. As plantas

Axudante
Para poder montar o noso horto, primeiro, imos estudar as plantas para aprender como nacen, medran e se alimentan, descubrindo todas as súas partes e funcións.

As plantas son seres vivos que necesitan auga, aire, substancias da terra e luz do sol para vivir.

Equipo de creación deste curso. Partes dunha planta. CC BY-SA

Todas as plantas teñen: raíz, talo e follas.
Algunhas plantas tamén teñen: flores e froitos.

Tarefas Responder Colorear recortar Pegar
CONSTRUIMOS. Completar o esquema dunha planta segundo o modelo e as instrucións facilitadas.

1.1. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Preparado/a para investigar sobre as condicións que precisan as plantas para vivir?
Imos descubrilo! 

Tareas  colorear escribir colorear pegar
INVESTIGAMOS. Imos realizar unha investigación ciéntífica sobre as condicións que precisan as plantas para vivir  segundo as instrucións facilitadas na planilla.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Planilla de traballo

2. Clasificación das plantas

Axudante

Hoxe seremos detectives de plantas!

Imos descubrir como clasificar plantas polo seu talo, follas, flores e moito máis! 

Equipo de creación deste curso. Clasificación das plantas. CC BY-SA

Tarefas Responder 
DEBATEMOS. Pensa nas características que teñen en común as plantas e en aquelas que as diferencia. De que outras formas poderiamos clasificar as plantas segundo estas características.

2.1. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Agora é o momento de mostrar o que aprendestes!
Imos facer un repaso sobre a clasificación das plantas. Veremos quen é o/a mellor detective de follas, flores e froitos!
Prepárate para o desafío!!

Tareas Clasificar Decorar Escribir Cortar Pegar      
CLASIFICAMOS. Deberás completar a clasificación das plantas coa nome das árbores facilitadas. Unha vez rematadas a clasificación montarás o flipbook segundo as instrucións da planilla facilitada.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega esta planilla:
Planilla de traballo

3. Reprodución das plantas

Axudante
Non te esquezas!: 
As plantas crean novas plantas! 

A maioría, fan isto a través das flores e sementes, espallándoas pola terra para crear unha nova planta que medre e volva a ter sementes.

Equipo de creación deste curso. Tipos de reprodución das plantas. CC BY-SA

Tarefas Pescudamos  Colorear Recortar Pegar
CONSTRUIMOS: Revisa as distintas fases do ciclo das plantas que se reproducen por sementes e constrúe o modelo segundo che indicamos no modelo de ficha.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Ficha modelo

3.1. Traballamos no portfolio

Axudante
Recorda que a maioría das plantas reprodúcense a través das sementes que teñen nos seus froitos.

Tarefas  Pensar Clasificar Escribir Colorear Recortar   Pegar
PESCUDAMOS. Realiza o ciclo de reprodución por sementes seguindo as instrucións facilitadas na planilla facilitada.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega este modelo:

Planilla de traballo

4. Importancia das plantas

Axudante
As plantas son súper importantes porque nos dan oxíxeno para respirar, comida para alimentarnos e tamén refuxio para animais.
Sen plantas, a vida sería imposible! 

Equipo de creación deste curso. Importancia das plantas. CC BY-SA

Tareas   cambiar cromos  Esbribir   
DEBATEMOS. Que ocorrería se non tivésemos plantas?. Facemos un remuiño de ideas e anotámolas na pizarra. Unha vez finalizado escribímos as conclusións no caderno.

4.1. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Agora imos reflictir todas as utilidades das plantas na ficha facilitada. 
Ánimo!!

Tareas Debater escribir colorear colorear pegar
MANS Á OBRA. Revisa a información facilitada sobre a importancia das plantas e recóllea no teu caderno seguindo as instrucións e a táboa facilitada.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega este modelo:

Menú semanal

5. Montamos un horto escolar

Axudante
Ola Usuario convidado!
Imos construír un horto no cole para observar como medran e viven as plantas, aprendendo as súas funcións vitais.
Presta moita atención!!

Preparados para ser pequenos agricultores!
No horto, veremos como medran as plantas grazas aos vosos coidados.
Imos facelo xenial!

Equipo de creación deste curso. Construímos un horto. CC BY-SA

Tareas  escribir colorear Recortar pegar
MONTAMOS UN HORTO. Repasa as fases de traballo para montar un horto e completa segundo as instrucións facilitadas na planilla.

5.1. Acondicionamos o terreo

Axudante
Imos preparar a terra para que as plantas teñan un fogar perfecto!

 Con paciencia e traballo, o horto comeza aquí!

Equipo de creación deste curso. Acondicionamos o terreo. CC BY-SA

Tarefas Pensamos Escribimos Recortamos Pegamos  
TRABALLAMOS: Antes de baixar ao horto, deberás revisar estas normas que están pensadas para que o proceso sexa seguro e organizado. 

Axudante
Antes de realizar o acondicionamento revisa as normas:
Ficha modelo

5.2. Mercamos as plantas

Axudante
Imos organizar a saída ao viveiro para escoller as mellores plantas para o noso horto.
Será unha aventura!

Equipo de creación deste curso. Mercamos as plantas. CC BY-SA

Entre toda a clase, imos decidir que produtos queremos mercar para o horto.
Así teremos un espazo coas plantas que máis nos gustan!  

Tarefas  Responder Escribimos
ELABORAMOS. Cada un de nós pensa que plantas lle gustaría plantar no horto e anotámolos na pizarra. Unha vez feita a lista decidimos entre todos cales son os que mercaremos e cubrimos a lista da compra facilitada.

5.3. Plantamos e sementamos

Axudante
Agora chega o momento máis emocionante: imos realizar a plantación da horta.
Preparados e preparadas para ver como medran as nosas plantas!

Equipo de creación deste curso. Plantamos o horto. CC BY-SA

Tarefas Pensamos Plantamos regamos Debuxamos
PLANTAMOS:
A
ntes de plantar revisaremos as normas de plantación. Despois de plantar realizaremos o plano da plantación. Planilla de normas e plano.

5.4. Mantemos o horto

Axudante
Ao longo do trimestre, iremos turnándonos para regar, eliminar malas herbas e observar o crecemento das plantas. 

Equipo de creación deste curso. Mantemento do horto. CC BY-SA

Cada semana revisaremos xuntos o progreso do noso horto, aprendendo e asegurándonos de que todo medre san e forte.
Será un traballo en equipo para que a nosa horta estea sempre en boas condicións!

Tarefas Escribir
CADERNO DE CAMPO: No caderno de campo iremos rexistrando todos os traballos realizados ao longo do curso. O caderno montarase coa planilla facilitada.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Ficha modelo

5.5. Recolleita

Axudante
Chegou o momento máis esperado.
Bo proveito!

Equipo de creación deste curso. Recolleita. CC BY-SA

Entre toda a clase, imos preparar un menú degustación cos produtos que se poidan comen crus.
O resto dos produtos levarémolos para casa e comerémolos coa nosa familia!

6. Revisamos o aprendido

Axudante
Parabéns Usuario convidado!
Xa case estamos chegando ao final, pero quédannos por facer as actividades máis divertidas.
A investigar!!

Tareas Pantalla interactiva
REPASAMOS. Agora imos recordar, de forma lúdica na pantalla interactiva, todo o que traballamos neste tema "Montamos un Horto escolar".

Tareas Buscar un animal escribir colorear colorear pegar
INVESTIGAMOS SOBRE AS PLANTAS. Segundo todo o aprendido, por parellas imos a cumprimentar unha ficha de clasificación das árbores do noso patio escolar.

Tareas Buscar un animal escribir colorear colorear pegar
MAPA CONCEPTUAL. Para rematar este tema, deberás completar a mapa conceptual que se achega na planilla. Poderás revisar todo o material facilitado no apartado de "Informarse e aprender" deste tema.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega estas planillas:

Coidams da saúde   Mapa conceptual