Libro de contidos do tema "Coidamos a nosa saúde!"

Sitio: CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro
Curso: Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria
Libro: Libro de contidos do tema "Coidamos a nosa saúde!"
Impreso por: Usuario convidado
Data: venres, 21 de novembro de 2025, 4:56 PM

1. Coidámonos

Axudante
Ola Usuario convidado!
Comezaremos recordando como coidar a nosa saúde!
Presta moita atención á seguinte curta!!

Equipo de creación deste curso. Estamos Sans. CC BY-SA

Disfrutamos dunha boa saúde, cando o noso corpo traballa ben e nos atopamos ben, tanto a nivel físico como emocional.

1.1. Enfermamos

Axudante
Cando algún órgano do noso corpo non funciona correctamente, comezamos a sentirnos mal porque iso significa que estamos enfermos.

As enfermidades máis comúns nos nenos e nenas son os arrefriados e a gripe.

Tarefas Pensamos Escribimos Recortamos Pegamos  
PESCUDAMOS: Pregunta á túa familia en casa que enfermidades pasaches. Cos datos obtidos cubre o modelo facilitado e pégao no teu caderno de clase.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:
Ficha modelo

1.2. Visita ao centro de saúde

Axudante
A persoa médica que atende aos nenos e nenas é a pediatra.

Cando non nos sentimos ben, acudimos a un centro de saúde.      Centro de saúde

Equipo de creación deste curso. Persoal médico.CC BY-SA

Equipo de creación deste curso. Profesionais da medicina.CC BY-SA

1.3. Medicamentos e vacinas

Axudante
Recorda! Os medicamentos son receitados pola pediatra e axúdannos a sentirnos mellor .

As vacinas tamén axudan a previr as enfermidades.

Equipo de creación deste curso. Medicamentos e vacinas. CC BY-SA

Tarefas Escribir Recortar Pegar
PESCUDAMOS: Pregunta á túa familia en casa que enfermidades pasaches e que vacinas che puxeron. Cos datos obtidos cubre o modelo facilitado e pégao no teu caderno de clase.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Ficha modelo

1.4. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Agora tócache pescudar sobre unha visita ao centro médico.
Deberás realizar a seguinte tarefa no teu portfolio.
Ánimo e adiante!

Tareas Pescudar escribir colorear colorear pegar
INVESTIGAMOS SOBRE ATENCIÓN MÉDICA. Deberás pescudar coa túa familia todo o que che aconteceu na visita a un hospital ou centro médico, empregando a planilla facilitada.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega esta planilla:
Planilla

2. Hábitos saudables

Axudante
Ter uns hábitos saudables axudaranos a estar sans e a non contraer enfermidades.
Fíxate ben
nos que aquí che recordamos!!

Equipo de creación deste curso. Hábitos saudables. CC BY-SA

É moi importante ter uns hábitos saudables para coidar a nosa saúde.

Equipo de creación deste curso. Hábitos saudables. CC BY-SA

Tarefas Responder Escribir
DEBATEMOS Que nos pasaría se non tivésemos estes hábitos saudables.

2.1. Os accidentes

Axudante
Hai que seguir certas normas para previr enfermidades e evitar accidentes.
Hai outros hábitos que tamén nos axudan a que esteamos sans.
Presta moita atención!

Equipo de creación deste curso. Prevención de accidentes e enfermidades.CC BY-SA

Tarefas Responder Escribir
DEBATEMOS Que outras accións podemos realizar para previr accidentes na nosa casa e no cole. Primeiro, anotaremos todas as suxerencias que fagades na pizarra de clase. Unha vez rematado, seleccionamos as mellores aportacións e anotarémolas no caderno de clase.

2.2. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Agora imos repasaro que aprendiches sobre a hábitos saudables.
Deberás realizar as tarefas que che indico a continuación.
Ánimo e adiante!

Tareas  colorear escribir colorear pegar
CREAMOS UN FLIPBOOK. Imos montar un flipbook dos hábitos saudables co aprendido neste tema segundo as instrucións facilitadas na planilla.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Planilla de traballo

3. Alimentámonos ben

Axudante

Alimentarse ben é importante para medrar sans e fortes.
Observa a seguinte curta con atención e verás como conseguir ter unha alimentación saudable.

Equipo de creación deste curso. Alimentámonos ben!. CC BY-SA

Comer ben, con alimentos variados é esencial para estar fortes e felices

3.1. Dieta

Axudante
Non te esquezas: Para manter unha boa saúde, medrar ben e ter forza, é importante ter unha dieta saudable consumindo alimentos variados.

Os alimentos da nosa dieta poden ser naturais ou elaborados

Equipo de creación deste curso. Tipos de alimentos. CC BY-SA

Tarefas Pescudamos Recortar Colorear Escribir
PESCUDAMOS; Busca en folletos de publicidade de supermercado imaxes de alimentos e recórtaos. Unha vez recortados, deberás clasificalos segundo sexan naturais ou elaborados como che indicamos no modelo de ficha.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Álbum de invertebrados

3.2. Grupos de alimentos

Axudante
Recorda que obtemos a enerxía e as substancias necesarias para vivir a través dos alimentos e a auga que consumimos cada día.

Debemos realizar 5 comidas ao día.

A pirámide dos alimentos oriéntanos sobre a frecuencia con que debemos consumir cada tipo de alimento.

Equipo de creación deste curso. Pirámide dos alimentos CC BY-SA

Tarefas  Crear Colorear Recortar Clasificar Escribir Pegar
CONSTRUIMOS. Realiza a pirámide dos alimentos seguindo as instrucións facilitadas na planilla facilitada.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega este modelo:

Planilla de traballo

3.3. Menú saudable

Axudante
Recorda: Para estar sans, medrar ben e ter a enerxía que necesitamos, é fundamental alimentarse de xeito adecuado.
Por iso, é importante incluír unha variedade de alimentos na dieta diaria.

Equipo de creación deste curso. Menú saudable. CC BY-SA

Debemos consumir diariamente auga e alimentos de todos os grupos na proporción axeitada.

Tareas  dibuxar cambiar cromos Clasificar Esbribir Recortar Pegar   
PESCUDAMOS. Para realizar esta tarefa clasificaremos os alimentos segundo as substancias que nos aportan. Posteriormente, completaremos o prato de menú saudable que se facilitan.
Cando teñas o prato completo, pegaralo no teu caderno.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega este modelo:

Planilla de traballo

3.4. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Agora imos completar un menú semanal saudable para pór en práctica todo o aprendido.
Ánimo!!

Tareas Debater escribir colorear colorear pegar
MANS Á OBRA. Por parellas, recopila a información que traballamos no tema e elaborar un menú saudable para unha semana seguindo as instrucións e a táboa facilitada.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega este modelo:

Menú semanal

4. Revisamos o aprendido

Axudante
Parabéns Usuario convidado!
Xa case estamos chegando ao final, pero quédannos por facer as actividades máis divertidas.
A investigar!!

Tareas Pantalla interactiva
REPASAMOS. Agora imos recordar, de forma lúdica na pantalla interactiva, todo o que traballamos neste tema "Coidamos a nosa saúde".

Tareas Buscar un animal escribir colorear colorear pegar
MAPA CONCEPTUAL. Para rematar este tema, deberás completar a mapa conceptual que se achega na planilla. Poderás revisar todo o material facilitado no apartado de "Informarse e aprender" deste tema.

Axudante
Para realizar as tarefa emprega esta planilla:

Mapa conceptual