Folla de ruta do tema 3
| Sitio: | CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro |
| Curso: | Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria |
| Libro: | Folla de ruta do tema 3 |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | luns, 24 de novembro de 2025, 4:32 PM |
1. Primeiros pasos

Ola Usuario convidado!
Estou moi emocionado por presentarche o noso novo proxecto: "Montamos un horto escolar". Neste tema, imos converternos en profesionais da xardinería e aprender todo sobre as plantas.
Preparádevos para ensuciar as mans e descubrir como medran as sementes, que necesitan as plantas para vivir e como podemos coidalas. Ademais, imos plantar as nosas propias verduras e flores no horto da escola. Será moi divertido ver como medran grazas ao noso traballo e coidado.
Imos aprender, xogar e gozar mentres creamos un fermoso xardín xuntos!
Estades preparados e preparadas para esta aventura verde? Imos aló!

2. Informarse e apreder
Antes de comezar a nosa aventura, na sección de "Informarse e aprender" presentámosvos o noso libro de contidos para o tema "Montamos un horto escolar"
Imos comezar esta emocionante viaxe ....
Presentación do tema
ObrigatoriaNa lámina de presentación do tema atoparedes imaxes e unha curta cos que descubriremos a importancia das plantas e de crear un horto.Pescudamos sobre Como montar un horto escolar
Obrigatoria No libro de contidos "Como montar un horto escolar" pescudaredes sobre as plantas e dos pasos a seguir para montar un horto escolar.Mapa mental do tema Como montar un horto escolar
Obrigatoria Este mapa axudaranos a ter una visión do conxunto do tema. É unha forma visual e divertida de coñecer máis sobre as as plantas e os pasos a seguir para montar un horto.
3. Compartir e comunicar
Aquí atoparás o bloque Compartir e comunicar e dentro del o Foro de consultas. Déixame explicarche para que se emprega o foro:
Foro de consultas
OpcionalEste espazo está creado para que poidades facer todas as preguntas que teñades sobre o tema "Montamos un horto escolar". Aquí poderedes compartir as vosas dúbidas, curiosidades ou calquera cousa que queirades saber máis a fondo. Ademais, podedes axudar respondendo as preguntas das que saibades a resposta. Imos aproveitar este foro para aprender en equipo e resolver todas as nosas inquedanzas sobre este tema.
Animádevos a participar!
4. Traballar e avaliar
Es unha persoa de acción?
Se é así, na sección Traballar e avaliar atoparás as túas misións neste tema! Estas tarefas son avaliables, e a súa cualificación quedará reflectida no teu libro de cualificacións:
Tarefas do portfolio
ObrigatoriasAquí recollemos un resumo das tarefas obrigatorias que hai que facer ao longo do tema e que aparecen recollidas dentro do libro "Montamos un horto escolar" no apartado de Traballando no portfolio.Tarefas interactivas
ObrigatoriasEstas tarefas interactivas tamén sumarán no teu libro de cualificacións. Son moi fáciles e divertidas, así que non deixes de facelas.-
Proba de avaliación inicial do tema 3
ObrigatoriasNesta ligazón aparecerá a proba de avaliación que realizaremos de forma colaborativa coa ferramenta de Kahoot! Será moi fácil e divertida. -
Proba de avaliación final do tema 3
ObrigatoriasNesta ligazón aparecerá a proba de avaliación que realizaremos de forma colaborativa coa ferramenta de Kahoot! Será moi fácil e divertida. -
Repositorio de materiais para a unidade 3
OpcionalNesta base de datos, a persoa que titoriza o curso, ofrecerá recursos e ligazóns de interese para o desenvolvemento desta unidade.