Axudante
Ola Usuario convidado! Neste apartado fágoche un resumo de todas as tarefas reflectidas no libro do tema "Montamos un horto escolar" que iremos realizando pouco a poco durante o desenvolvemento do tema 3 para achegar ao teu portfolio.
Recorda que serán avaliadas, no teu Libro de cualificacións do curso, unha vez rematado o tema.
PREME no título da tarefa para acceder a ela no libro de contidos.

Tarefas Responder Colorear recortar Pegar
1.0 CONSTRUIMOS. Completar o esquema dunha planta segundo o modelo e as instrucións facilitadas.

Tareas  colorear escribir Cortar pegar
1.1 INVESTIGAMOS. Imos realizar unha investigación ciéntífica sobre as condicións que precisan as plantas para vivir  segundo as instrucións facilitadas na planilla.

Tarefas Responder 
2.0 DEBATEMOS. Pensa nas características que teñen en común as plantas e en aquelas que as diferencia. De que outras formas poderiamos clasificar as plantas segundo estas características.

Tareas Clasificar Decorar Escribir Cortar Pegar      
2.1 CLASIFICAMOS. Deberás completar a clasificación das plantas coa nome das árbores facilitadas. Unha vez rematadas a clasificación montarás o flipbook segundo as instrucións da planilla facilitada.

Tarefas Pescudamos  Colorear Recortar Pegar
3.0 CONSTRUIMOS: Revisa as distintas fases do ciclo das plantas que se reproducen por sementes e constrúe o modelo segundo che indicamos no modelo de ficha.

Tarefas  Pensar Clasificar Escribir Colorear Recortar   Pegar
3.1 PESCUDAMOS: Realiza o ciclo de reprodución por sementes seguindo as instrucións facilitadas na planilla facilitada.

Tareas   Debater  Esbribir   
4.0 DEBATEMOS. Que ocorrería se non tivésemos plantas?. Facemos un remuiño de ideas e anotámolas na pizarra. Unha vez finalizado escribímos as conclusións no caderno.

Tareas Debater escribir colorear recortar pegar
4.1 MANS Á OBRA: Revisa a información facilitada sobre a importancia das plantas e recóllea no teu caderno seguindo as instrucións e a táboa facilitada.

Tareas  escribir colorear Recortar pegar
5.0 MONTAMOS UN HORTO. Repasa as fases de traballo para montar un horto e completa segundo as instrucións facilitadas na planilla.

Tarefas Pensamos Escribimos Recortamos Pegamos  
5.1 TRABALLAMOS: Antes de baixar ao horto, deberás revisar estas normas que están pensadas para que o proceso sexa seguro e organizado.

Tarefas  Responder Escribimos
5.2 ELABORAMOS. Cada un de nós pensa que plantas lle gustaría plantar no horto e anotámolos na pizarra. Unha vez feita a lista decidimos entre todos cales son os que mercaremos e cubrimos a lista da compra facilitada.

Tarefas Pensamos Plantamos regamos Debuxamos
5.3
PLANTAMOS: Antes de plantar revisaremos as normas de plantación. Despois de plantar realizaremos o plano da plantación. Planilla de normas e plano.

Tarefas Escribir
5.4 CADERNO DE CAMPO: No caderno de campo iremos rexistrando todos os traballos realizados ao longo do curso. O caderno montarase coa planilla facilitada.

Tareas Buscar escribir colorear Cortar pegar
6.1 INVESTIGAMOS SOBRE AS PLANTAS. Segundo todo o aprendido, por parellas imos a cumprimentar unha ficha de clasificación das árbores do noso patio escolar.

Tareas Buscar escribir colorear Cortar pegar
6.2 MAPA CONCEPTUAL: Para rematar este tema, deberás completar a mapa conceptual que se achega na planilla. Poderás revisar todo o material facilitado no apartado de "Informarse e aprender" deste tema.

Última modificación: sábado, 7 de decembro de 2024, 5:45 PM