Introdución
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Manuel María Fernández Teixeiro.
Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego.
Comezou a publicar dende moi novo. “Muiñeiro de brétemas” o seu primeiro libro de poemas editouno con só 21 anos.
É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.
A Real Academia Galega adícalle, polo seu compromiso co idioma galego, o Día das Letras de 2016.
...imos a pescudar sobre a súa vida e obra!!
...anímate a realizar esta Caza do Tesouro para colaborar coa biblioteca do centro e convertiraste nun gran especialista na obra e vida de Manuel María.
...ánimo e a traballar!!!
