WQ Samaín & Halloween
Proceso
1. Para realizar o cartaz
A realización desta webquest será en grupos de dúas persoas.
- Cada un de vós descargará o guión de traballo que deberedes completar entre os dous. Os datos que reflictades neste guión serviranvos para realizar o cartaz.
- A información para completar o guión podédela obter nas seguintes ligazóns.
Para saber máis:
- Artigo sobre a Historia do Samaín de Ventero, en pdf.
- Deberedes incluír imaxes no traballo. Nas seguintes ligazóns atoparedes imaxes terroríficas. Descargade todas as que queirades que consideredes que vos poden inspirar na realización do voso traballo. As imaxes que utilicedes deberán ser da vosa creación, non se aceptan imaxes impresas ou fotocopiadas.
- Web de Dos Lourdes
- Web Hugo L´Escargot.
- Podedes busar outras imaxes en Google.
- Unha vez que teñades todo o material necesario para realizar o cartaz, iredes á aula de plástica e alí comporedes a vosa obra.
- Segundo vaiades terminando os traballos irédelos expondo na aula ou no corredor do 3º ciclo.
2. Para elaborar o arquivo sonoro
Agora ides elaborar un conto de terror, entre os dous compoñentes do grupo, segundo as seguintes indicacións:
- Se non tedes clara a estrutura que debe ter un conto, lede con atención as indicacións que se ofrecen na seguinte presentación:
- "Elementos de un cuento" de Verónica de la Torriente.
- "Elementos de un cuento" de Verónica de la Torriente.
- Unha vez que teñades definidas as partes do relato, empezaredes a escribir un primeiro borrador do conto.
- Por último, revisarédelo e corrixirédelo se fose preciso.
- Unha vez rematado xa só vos falta gravalo cun editor de son no voso ordenador. É recomendable empregar o programa Audacity para facer esta actividade.
3. Para tallar as cabazas
Para finalizar, observaredes imaxes de tallas de cabazas, en galerías de internet, para facer un bosquexo da que presentaredes ao concurso do colexio. Esta actividade realizarédela na casa, e será de carácter voluntario. Como é lóxico, os traballos presentados servirán para subir nota na área de galego, plástica e inglés.- Podedes sacar ideas das seguintes galerías de imaxes.