Saltar navegación

Avaliación

Autoavaliación do alumnado

Agora que xa remataches a tarefa, ides avaliarvos vos mesmos, para saber se traballastes adecuadamente ou non:

AUTOAVALIACIÓN 
1 2 3 4 5
Comportácheste ben na aula durante a realización da webquest.
Visitaches as ligazóns recomendadas na orde establecida.
Gustouche esta actividade e pasáchelo ben facéndoa.
Escoitaches e respectaches as opinións do teu compañeiro de grupo.
Achegaches ideas pertinentes na posta en común.
Realizaches as tarefas encomendadas nos prazos establecidos.
Esforzácheste na elaboración do traballo.
Revisaches o traballo despois da posta en común e antes de entregalo.
Participaches na concurso de cabazas.
Coidas que lograches adquirir coñecementos sobre a orixe da festa do Samaín.

O Samaín

Baremo:

00 a 29 puntos=mellorable
30 a 39 puntos=ben
40 a 50 puntos=moi ben
O Samaín

Criterios de avaliación das tarefas

Unha vez presentados os traballos na aula, avaliarase:

  • O traballo en equipo: Capacidade do alumnado para levar a cabo a tarefa traballando en grupo.
  • Elaboración do material: Avaliarase tamén o resultado do traballo. 
MOI BEN (5 puntos) BEN/REGULAR (3 puntos) MELLORABLE (1 puntos)
TRABALLO COOPERATIVO Amosan respecto polas ideas de cada un e comprométense coa calidade do traballo. Amosan respecto polas ideas de cada un e algúns comprométense coa calidade do traballo. Discuten ou non respectan as ideas dos outros. O traballo non é feito por todos os membros do grupo.
PREPARACIÓN Trae sempre todo o material preciso e está listo para traballar. Case sempre trae o material preciso e está listo para traballar. A miúdo esquece o material e non está listo para traballar.
USO DE INTERNET Usa todas as ligazóns suxeridas e navega facilmente e sen asistencia. Usa algunhas das ligazóns suxeridas e navega sen problemas. Necesita axuda e asistencia para empregar os enlaces suxeridos.
EXPRESIÓN ESCRITA Frases ben elaboradas e vocabulario abundante. Frases elaboradas e vocabulario adecuado. Frases simples e vocabulario escaso.
ORTOGRAFÍA E GRAMÁTICA Sen erros gramaticais e ortográficos. Algúns erros gramaticais ou ortográficos. Moitos erros gramaticais ou ortográficos.
CONTIDOS A información é correcta, clara e precisa. Unha gran porcentaxe da información é correcta, clara ou precisa. Hai varios erros na información do traballo.
PRESENTACIÓN É un traballo orixinal e atractivo.
Presenta cabaza a concurso.
É un traballo relativamente atractivo.
Presenta cabaza a concurso.
Non é nada atractivo.
Non presenta cabaza a concurso.
ORGANIZACIÓN Información con títulos, subtítulos e texto moi claros. Información con títulos, subtítulos e texto claros. Información pouco organizada.
EXPOSICIÓN DO CONTO Atractiva, usa boa entonación. Lectura vacilante con entonación. Lectura vacilante sen entonación.
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS Participa con propostas orixinais no tema tratado na Conclusión. Participa no tema tratado na Conclusión. Non participa nos temas tratados como Conclusión.

O Samaín

Baremo:

00 a 29 puntos=mellorable
30 a 39 puntos=ben
40 a 50 puntos=moi ben
O Samaín