Saltar navegación

Introdución

Celebramos o magosto

O magosto é unha festa tradicional que se celebra no mes de novembro e cuxos principais protagonistas son a castaña e o lume.

O 11 de novembro, día de San Martiño, coincide coa celebración principal do magosto en moitos lugares de Galiza, aínda que desde finais do mes de outubro xa se realizan magostos nos que podemos degustar as castañas asadas.

É unha festa de orixe pagán que se asocia cos defuntos…

...por cada castaña que comamos, salvaremos unha ánima do purgatorio!!

Como non podía ser doutro xeito, imos realizar un magosto no cole…

...anímate a saber máis para poder organizalo!!

 E xa sabes...

...a castaña que está no camiño, é do veciño!!