Conclusión
Para rematar...

Agora que xa sabemos un pouco máis sobre a orixe e modo de celebrar o magosto en Galiza, imos organizar a festa do magosto no noso cole.
Primeiro faremos unha listaxe de todos os materiais que se precisan para realizar un bo magosto, e que, por suposto, non faltarán no noso:
Castañas, leña, tixolo, doces, xogos, ...
Cada un de nós comprometerase a traer o material que se lle encomende.
Unha vez rematado o traballo de intendencia, entre todos e todas, organizaremos a sesión de xogos que realizaremos ao longo da xornada de celebración do magosto. Podemos consultar a seguinte compilación de "Xogos para o magosto"...
...e xa toca celebrar a festa do magosto!!!
Un pouco de lecer
Se remataches as tarefas propostas, podes gozar duns momentos de lecer, ben merecidos, nas seguintes ligazóns:
- Estamos de magosto. UD de Xosé Antón Vicente.
- O magosto. LIM de Francisco Guitián Valeiro.
- Xogos do magosto. Recopilación de Eduardo Rodríguez Machado.
- A castaña que rebentou de risa. LIM de Ana Martínez Rei.
- A casteñeira. LIM de Ana Martínez Rei
- O magosto. UD do CEIP Galán de Ar.teixo.
Para rematar, só resta indicar que todos deberiamos comprender que esta forma de traballar é un recurso educativo moi útil, xa que nos vai permitir adquirir coñecementos de xeito divertido e ameno.