Saltar navegación

Proceso

Voa co GalegoPara a realización das tarefas seguiredes, por orde, os seguintes pasos:

  1. Formaremos equipos de investigación de catro membros. (1 sesión).

  2. Cada investigador e investigadora:(1 sesión no centro, máis tarefa para a casa).

    • Lerá todos os recursos que se lle propoñen.
    • Buscará información noutros recursos: Internet, enciclopedias, libros...
    • Recollerá información por escrito ou en formato dixital, atendendo ás directrices específicas que se lle facilitan. Nas ligazóns atoparedes fichas que vos facilitarán o traballo.

  3. Cada equipo: (2 sesións)

    • Fará unha posta en común coa información obtida, intercambiando e integrando os datos dos catro membros.
    • Elaborará unha presentación, con Office, LibreOffice ou liña con Google Docs ou Prezi, que recolla o traballo final. 

  4. Grupo da clase: (2 sesións)
    • Unha vez rematado o documento, cada equipo exporá o seu traballo ante a clase coa axuda do encerado dixital. A presentación deberá estar subida na rede, ben en Prezi, Google Docs ou en SlideShare (se foi feita con Office o LibreOffice).
       
    • Entre todos avaliaremos os traballos e elixiremos os que teñen calidade suficiente para ser publicados na web do centro, nunha entrada en formato libro que cada ano se irá ampliando con novos traballos realizados nesta webquest. 


INSTRUCIÓNS PARA OS EQUIPOS DE INVESTIGACIÓN


  • Anímate co GalegoBiógrafos e biógrafas

    Vós leredes os documentos propostos e recolleredes a información necesaria para crear unha pequena biografía do autor/a. As seguintes ligazóns teñen suficiente información para elaborar o documento.

  • Historiadores e historiadoras

    Vós investigaredes sobre os acontecementos históricos máis importantes que tiveron lugar na época en que vivíu o autor/a. Enumeraredes, por orde cronolóxica, os diferentes réximes políticos de goberno desa época e reflectiredes a situación que tivo o idioma galego neles.

  • Literatos e literatas 

    Vós estudaredes a súa obra literaria. Faredes un breve resumo das súas creacións e leredes ou recitaredes algún anaco da mesma que será gravada por vós co programa Audacity en mp3.

  • Xornalistas/fotógrafos e fotógrafas

    Os xornalistas buscaredes referencias á obra do autor/a feitas por outros autores ou xornais coas que realizaredes un pequeno informe. Completaredes este informe cunha galería de imaxes significativas da súa vida e obra.