Webquest sobre as Letras Galegas
Introdución
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Todos os anos, a Real Academia Galega escolle a unha persoa que será homenaxeada ao longo de todo o territorio polas súas achegas á promoción e defensa do idioma Galego...
...pero, sabedes cal é a orixe desta celebración?
... por que o 17 de maio e non outro día do ano?!
... que autores se teñen homenaxeado nesta data?
...pois, para achegarnos un pouco máis á orixe desta celebración, rétovos a que intentedes realizar con éxito as tarefas desta webquest.
...hoxe toca pescudar sobre a nosa historia recente!!
Sinatura de Rosalía (Dominio público)